| · A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
| · Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
| · Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
| · Tenda online |

Non hai moito que dicir acerca dos cabritos que criamos. Soamente que ós poucos días de nacer saen coas nais a pacer. Como é lóxico, máis que pacer corren e fan equilibrismo na cima dos valados, non deixan unha pedra no seu sitio. Este é un dos motivos da excelente calidade desta carne, correr en liberdade e alimentarse do leite da cabra, pastos e herba, non hai outro segredo. Pódense mercar todo o ano, previo encargo.
Prezo cabrito de ate 7 Kg: 118 € (costes de sacrificio e envasado incluídos)
Prezo cabritos de máis de 7 Kg (máximo 10 Kg): 128 € (costes de sacrificio e envasado incluídos)
¿Como mercar os nosos productos?
a. Marcando o número 649339140 (Paco)
b. Enviando un correo electrónico a casaxastre@granxafamiliar.com
c. Visitando a granxa