| · Presentación | · A Feira de Carballo |
| · A Feira de Padrón | · O Mercado de Santiago |
| · O Museo do Leite | · O Museo do Queixo |
¿Tes imaxes antigas sobre tradicións, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Museos?
![]()
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.
| Presentación | A Feira de Carballo | A Feira de Padrón | O Mercado de Santiago | O Museo do Leite | O Museo do Queixo |
Presentación
O proxecto Granxa Familiar tamén ten como obxectivo converterse nunha referencia cultural do eido rural galego, a través da creación dunha serie de museos didácticos que recollen en pequenos textos e material multimedia dixital as tradicións, o presente e o futuro do agro galego. Esta sección comeza a súa andaina coa posta en funcionamento de tres museos ou obradoiros didácticos: o Museo do Leite, o Museo do Queixo e o Museo das nosas Feiras e Mercados.
O Museo do Leite recolle en imaxes, sons e vídeos o proceso de producción do leite e derivados, dende a recollida inicial do leite nas explotacións gandeiras ate o proceso final de embalaxe e empaquetado dos productos para a súa posterior comercialización. O pasado e o futuro do sector lácteo tamén teñen cabida no museo, a través dunha reportaxe que amosa a vida cotiá nunha explotación gandeira tradicional e dunha entrevista co Director Xeral de FEIRACO na que nos fala de innovación e desenvolvemento na producción e distribución do leite.
O Museo do Queixo recolle todo o proceso de elaboración deste producto derivado do leite. Tanto as imaxes como as gravacións foron tomadas nunha pequena industria láctea galega.
A través do Museo das nosas Feiras e Mercados, os visitantes teñen a posibilidade de descubrir as mercadorías, os costumes e, en xeral, o ambiente tradicional e festivo das feiras e mercados polulares de Galicia. O Museo das nosas Feiras e Mercados pretende converterse nunha referencia cultural e histórica da compra e venda, popular e tradicional, dos productos agrarios galegos, facendo un percorrido polas principais vilas e cabeceiras comarcais do espacio rural galego.