Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Otros Proyectos

Infobrión.com é un portal interactivo multimedia que impulsa a creación dunha comuidade virtual nun pequeno municipio rural localizado na periferia da cidade de Santiago de Compostela.

Infobrion

 

O grupo de investigación GIS-T IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela crea e dirixe este e outros proxectos similares dun marcado cariz social galego.

GisT Idega

 

Granxa FamiliarPresentación
O proxecto Granxafamiliar.com nace a partir dunha investigación levada a cabo en Galicia e Irlanda entre o ano 2003 e 2006 e financiada pola Fundación Feiraco, polo Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia(GIS-T IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. Estivo centrada no análise socioeconómico, cultural e tecnolóxico das familias agrarias productoras das cooperativas Feiraco e Drinagh. Puidemos cuantificar, entre outros temas, a dimensión da producción agraria familiar destinada ó autoconsumo e parcialmente comercializada por canais informais, que en Galicia poden chegar a representar unhas rendas potenciais duns 12.000-16.000 euros promedio por familia sendo os productos moi diversos; tales como carnes variadas de vacún, porco, aves diversas como “capón”, pavo, faisán, etc; froitas diversas denominadas do “país” incluídos froitos secos como castañas, noces, etc; hortalizas variadas de todo tipo, patacas, grelos, cenorias, leitugas, ademais de productos elaborados como queixos, mel…

Granxafamiliar.com está dirixido ás familias agrarias productoras de Galicia que tradicionalmente practicaron o policultivo e a multifuncionalidade rural; que no pasado destinaban a súa producción basicamente ó autoconsumo familiar e que actualmente están en disposición de introducir no mercado dita producción. E polo lado da demanda a calquera comprador, sexa familia, colectivo, empresa en xeral, institucións sociais, etc. Que se sintan atraídos polos prezos, a calidade dos productos e por unha nova forma de comercio que podemos calificar como a máis xusta para Galicia. Trátase de establecer canais de información e de rendas entre o medio rural e urbano.

Traballamos directamente coas familias productoras na promoción dos productos galegos de calidade que se ofertan e que os clientes poden apreciar in situ visitando as granxas. Trátase dun producto de agricultura familiar netamente natural, coidado con esmero e moi lonxe da producción industrial. A práctica do autoconsumo propia do minifundio tradicional e os alimentos producidos nas granxas alimentaron durante moitas xeracións ás familias galegas. É unha idea que nos comprometemos a coidar por ser patrimonio cultural de todos os galegos e galegas, e que consideramos nos corresponde a nós, xeracións máis novas, preservar para evitar a súa desaparición.

Para levar a cabo o proxecto Granxa Familiar, asinouse un convenio entre: Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Brión, Concello de Antas de Ulla, Obra Social Caixa Galicia, Fundación Feiraco e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. O proxecto está coordinado polo GIS-T IDEGA.

A continuación ofrecémosvos unha pequena reportaxe elaborada pola Televisión de Galicia onde se explica o proxecto: Ver vídeo.

Tamén podedes ollar unha presentación do proxecto Granxa Familiar picando en Documento PDF




[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889)
Coa colaboración de:
Administración   Estadísticas
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas