Grandes cociñeiros galegos ensinan receitas saudables a nenos hospitalizados
Nestas festas de nadal, os mellores chefs galegos sairán das súas cociñas para facer, polo menos por un día, un pouco máis levadeira a vida dos nenos ingresados nos hospitais públicos de Galicia.
Xunto a eles elaborarán sinxelos e saudables pratos con productos ecolóxicos procedentes das familias rurais galegas que participan en Granxa Familiar, un proxecto do grupo de investigación Gist-Idega da Universidade de Santiago para promover a innovación en Galicia dende os valores de saúde pública, ecoloxía e comercio xusto.