Outras novas



Arquivos AsociadosImaxen
Os becerros pasan a maior parte do día soltos no prado
Os becerros pasan a maior parte do día soltos no prado
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Casa do Carracedo no Terra Madre Day 2019

Este mes de decembro celébrase de novo o Terra Madre Day en Galicia cunha xornada especial na que o protagonismo é para o menú Km 0 elaborado cos mellores produtos de diferentes produtores galegos.


O día 10 de decembro en Next Door (A Coruña), o restaurante de Pablo Viñas e o primeiro Km 0 que houbo en Galicia, ten lugar esta importante cita anual na que volver a gozar dun bo menú Km 0  da rede de pequenos produtores de Slow Food Compostela.


Entre os produtores cos que se contou para a elaboración do menú Terra Madre Day 2019 queremos destacar a presenza, por segundo ano consecutivo, da carne da granxa Casa do Carracedo.


Podes coñecer os produtos de Casa do Carracedo (Abadín, Lugo) na web de Granxa Familiar e tamén contactar directamente co produtor, Jorge, no teléfono 676196243.


A carne de Casa do Carracedo volve a ser protagonista na xornada de celebración do Terra Madre Day Galicia 2019 que resultou todo un éxito e se despide ata a próxima edición en 2020.


Granxa


 


 

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons