Presentación
No lugar de Valdín concello de A Veiga na provincia de Ourense, emprázase a granxa da Casa Alba.
O Concello de A Veiga limita coa provincia de Zamora e Valdín situase no parque natural de Pena Trevinca que é o pico máis alto de Galicia cuns 2.123 metros sobre o nivel do mar. Alba convida a todos a coñecer non so a cultura e a xente do lugar senón tamén a beleza paisaxística que do seu territorio.
Alba vive cos seus pais en Valdín e encárgase do coidado e alimentación dos animais da granxa, amais de axudar aos seus pais, Santiago e Amelia, co menexo de gando nos montes de man común dos arredores.
Sorpréndenos como se expresa esta xovén rapaza, mostrando unha paison polo seu traballo e pola súa forma de vivir a natureza. En Valdín non hai apenas xuventude e Alba dedícalle todo seu amor e tempo aos animais. Son moitas as variedades de animais que podemos atopar en Casa Alba, dende patos a codornices, cabritos, coellos, galos.
Todos os animais da casa aliméntanse a base de productos naturais como o millo, as verzas, patacas, herba seca ou trigo, polo que o resultado é unha carne cun sabor e calidade exquisita. Amais os seus tenreiros de raza autóctona galega son criados en liberdade.
Os produtos que podemos atopar en Casa Alba son os seguintes:
Produtos de consumo
Ovos (consultar precio)
Mel Caseiro (consultar precio)
Galiñas do país: 3€ /duciaPaspallá: 1,80 € /duciaCoello (1,500 - 1,800 Kg): 10€ (vindeira dispoñibilidade: Maio-Xuño 2016)Cabrito (6-7 Kg): 80€ (por encargo)Polo (4-5 Kg): 25€ (por encargo na primaveira)Tenreira: (canal enteira). 6€ /Kg. Gastos matadoiro e preparado a parte. Non envío. Recollida en man.
Animais para a vida (previo encargo)
Galiñas
Pekín cuclillo: 80€ /parella
Marans negra cobrizo: 20€ / unidade.
Kikas: 15€ /unidade
Galiñas do país: 18€ / unidade.
Coelliños de indias agouties: 10€ / unidade
Paspallás xigante isabelle: 4€ / unidade
Coello leonado de Borgoña: 25€ /unidade (coellos de dous meses e medio)
Ocas chinesas: 50€ / unidade.
Ven a vernos
Quedades convidados a visitar a nosa casa para coñecer in situ os nosos produtos. Serán moi ben recibidos tanto grupos de escolares coma familias, turistas, ect..Requrise previa confirmación. Ver Plano
Cómo mercar
a. Marcando o número 988294688 / 689544280 (Alba Rodríguez de Zugasti, Amelia de Zugasti)
b. Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consultar as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades