Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

Fabas

Fabas

Existen numerosas variedades de legumes galegas que poden ser cociñadas de moitas maneiras. Algunhas das variedades máis populares son as colorás, a verdina, fabóns, amarela, etc. Polo seu contido en proteínas, hidratos de carbono e fibra alimentaria, ademais de minerais, son un alimento moi completo. Son famosasas as fabas cultivadas no val de Lourenzá na provincia de Lugo.

Ate fai pouco tempo, o cultivo deste legume limitábase a unha produción de consumo familiar, pero nos últimos anos esta tendencia cambiou debido á crecente demanda deste produto. En xeral, para a produción de fabas recoméndase a rotación de cultivos para aproveitar ó máximo os recursos do solo e prever enfermidades parasitarias. Debemos deixas dous ou tres anos de separación no cultivo de fabas e hai que preparar o terreo e proceder a unhas adecuadas fertilizacións minerais e orgánicas acordes ó terreo. A profundidade adecuada para plantar o produto situase entre dous e cinco centímetros. A época de ano máis adecuada para a plantación é a primeira quincena do mes de maio para evitar que o cultivo se alongue ate o outono. A proporción adecuada é de 66.000 plantas por hectárea.

O prestixio da faba galega queda evidenciado no éxito do seu prato estrela: a fabada de Galicia. Esta é a forma máis común de preparala, pero existen innumerables receitas.

 

Granxas que ofrecen este produto
Casa Diaz (Lourenzá)    
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas