| · A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
| · Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
| · Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
| · Tenda online |
¿Tes imaxes antigas sobre tradicións, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Museos?
![]()
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.

Non hai

Mercado de Santiago
A Praza de Abastos de Santiago de Compostela é, despois da Catedral, o segundo lugar máis visitado da cidade. O mercado encádrase no Casco Histórico da capital galega, moi preto da Universidade. Ademais, os laterais do mercado están flanqueados por dúas das edificacións eclesiásticas máis populares da cidade: a Igrexa de San Fiz de Solovio e o Convento de San Bieito, creando un entorno arquitectónico dunha gran riqueza cultural e artística.
Interior dunha das naves principais da Praza de Abastos A Praza de Abastos ofrece, dende 1873, productos naturais e frescos a tódolos composteláns e demais visitantes, moitos deles turistas e peregrinos. Na Praza de Abastos é posible mercar productos de horta, froitas, carne, peixe, marisco, pan, queixos, etc., productos excelentes que Granxa Familiar

A Praza de Abastos recupera a memoria histórica das feiras e mercados populares de Galicia. Representa outro xeito de comprar, ligado as tradicións rurais e mariñeiras da nosa terra e afastado das grandes superficies comerciais que hoxe invaden as nosas vilas e cidades. Dende Granxa Familiar, recomendámosvos visitar a Praza de Abastos de Santiago de Compostela.
Se queres saber cómo chegar, pica en MAPAS E PLANOS
ENLACES DE INTERESE
Praza de Abastos de Santiago de Compostela