· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Granxafamiliar-ADAF organiza o 2º Curso Online de Innovación e Marketing Rural.
Realizarase un curso completo de 60 horas de duración centrado na INNOVACIÓN E MARKETING RURAL.
O profesorado será seleccionado a partir de criterios de excelencia empresarial, liderazgo no emprendimento e cualificación docente e experiencia demostrada na formación offline e online.
Obxectivos
Analizar metodoloxías, aplicacións TIC e experiencias de emprendimento para a innovación e desenvolvemento do medio rural e da agricultura familiar, co obxecto de que os alumnos poidan desenvolver os seus propios proxectos aplicados.
Familiarizarse co funcionamento e posibilidades dos sistemas online de xestión de información a través das plataformas www.granxafamiliar.com y www.galiciaautentica.org.
A planificación temporal do curso queda como segue:
Duración: 60 horas. Horario de traballo: 15 horas/semana de traballo por alumno.
Data de Inicio: 20 de xaneiro de 2014. Data de fin: 20 de febreiro de 2014
A inscripción a través do formulario: ENTRAR NO FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Para máis información contactar con gist-formacion@usc.es, ou visitando a páxina web www.gist.es