Arquivos AsociadosImaxen
Curso de Innovación e Marketing Rural
Curso de Innovación e Marketing Rural
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

2º Curso Online de Innovación e Marketing Rural.

Necesidades de formación. A experiencia de marketing online para o desenvolvemento rural levada a cabo durante os últimos sete anos por www.granxafamiliar.com  pon en evidencia a necesidade de cualificar recursos humanos en temas de marketing territorial, innovación, emprendimento, xestión de recursos dixitais, xestión de redes sociais, agricultura ecolóxica, turismo creativo, desintermediación comercial, etc. orientados específicamente cara o medio rural.


As familias e residentes do rural non poden quedar á marxe da sociedade da información e requírese un esforzo na súa cualificación e alfabetización dixital. Todo apunta a que hoxe en dia xa non chega con saber producir senón que hai que saber “vender” os productos do noso rural.


Por moito que consideremos bos profesionais a todos os que actúan no agro, resulta evidente que, en moitos casos, están carentes dun nivel de formación e coñecemento axeitados ás necesidades dun mundo dixital, e son eles mesmos os que solicitan esta formación, á vista da competitividade e resultados que se están a acadar no sector na actualidade.


Organiza


Granxafamiliar-ADAF


Colabora:


Gist. Idega. Universidade de Santiago


Máster en Sociedade da Información da Universidade de Santiago 


Información:


granxafamiliar@granxafamiliar.com


Telf.: +34  647344270 / +34 647344023


 Director:


 Carlos Ferrás Sexto (Presidente de Granxafamiliar-ADAF y Director do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).


 Coordinación:


Mariña Pose e Yolanda García (Profesoras do Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC).


Obxectivos


Analizar metodoloxías, aplicacións TIC e experiencias de emprendimento para a innovación e desenvolvemento do medio rural e da agricultura familiar, co obxecto de que os alumnos poidan desenvolver os seus propios proxectos aplicados.


 Familiarizarse co funcionamento e posibilidades dos sistemas online de xestión de información a través das plataformas www.granxafamiliar.com  y www.galiciaautentica.org.


 ACTIVIDADES DE FORMACIÓN


O traballo de formación resulta indispensable para a consecución dos obxetivos, e neste caso debe haber unha formación baseada na transmisión de coñecemento  innovador respecto a tema claves para o desenvolvemento rural, amais  dunha formación dirixida cara a cualificación no uso das novas tecnoloxías e nas habilidades informacionais.


 Realizarase un curso completo de 60 horas de duración centrado na INNOVACIÓN  E MARKETING RURAL. As horas son de dedicación promedio de traballo do alumno.


 O profesorado será seleccionado a partir de criterios de excelencia empresarial, liderazgo no emprendimento e cualificación docente e experiencia demostrada na formación online.


 A planificación temporal do curso queda como segue:


 Duración: 60 horas. Horario de traballo: 15 horas/semana de traballo por alumno.


 Data de Inicio: 20 de xaneiro de 2014. Data de fin: 20 de febreiro 2014


 A oferta do curso é totalmente online empregando a plataforma de formación a distancia do Máster en Sociedade da Información da USC.


As tutorías personalizadas co profesorado serán optativas e a través de videoconferencia (skype) ou presencial na sede do Idega-USC en Santiago previa solicitude.


O curso se estructurará en tres módulos docentes:


A. MODULO INNOVACIÓN E MARKETING TERRITORIAL


1. Aula de Traballo Desenvolvemento Rural e Tecnoloxía. Estudios de Casos: Bodegas Moraima, Hifas da Terra, Pazo Vilane, Un-Em Creación de Spin Off.


2. Aula de Traballo Marketing Territorial. Estudio de Casos: Agrodynamics, Deroceras, Granxafamiliar.com, Galiciaautentica.org.


 B. MÓDULO DE INNOVACIÓN E EMPRENDIMENTO


1. Definición de ideas emprendedoras


2. Deseño de plan de negocio


C. MÓDULO DE COMUNIDADES VIRTUAIS


1. Identificación de comunidades virtuais para o desenvolvemento rural


2. Análise de conflictos e interacción nunha comunidade virtual concreta.


 Os alumnos traballarán os contidos do curso dixitalizados e a distancia (60 horas). Para esto disponse dunha plataforma avanzada para impartición de cursos On Line, á que da soporte a USC a través do Grupo de Investigación GIST.IDEGA.


 Metodoloxía de aprendizaxe:


Os alumnos deberán realizar as tarefas descritas apoiándose en:


1. Os videos dispoñibles na plataforma dixital do curso. 2. A bibliografía e os recursos Web recomendados. 3. A interacción con outros alumnos na aula virtual. 4. As consultas On-Line cos profesores (por mail, videoconferencia, etc).


Os idiomas vehiculares do curso serán o galego e o castelán.


Tempo de estudio e traballo persoal que debe dedicar un alumno:


O alumno deberá dedicar un total de 60 horas de traballo para superar o curso que ten unha duración de 4 semanas. Durante as catro semanas de traballo, os alumnos poderán transmitir ao profesor as súas dúbidas por mail ou videoconferencia. As tutorias por videoconferencia serán solicitadas previamente por email aos profesores.


O curso será gratuito ara os asociados de Granxafamiliar-ADAF


 

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons