Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada


A Vida Cotiá
Noticia Destacada

Granxa Familiar logra importantes acordos de colaboración con empresas de transporte para o envío dos produtos a prezos moi competitivos.
Con este acordo a universidade, a empresa privada e granxeiros de toda Galicia unen esforzos para impulsar o comercio electrónico no medio rural, po...

Ver


Casa do Xurés

Jose Antonio Dacuña, propietario da granxa Casa do Xurés (Lobios)
Datos de Contacto
Dirección: Vilameá, parroquia de Riocaldo
Localidade: Lobios (Ourense)
Teléfono: 605080015
Conta de Correo: casadoxures@granxafamiliar.com
Presentación

Temos unha explotación caprina localizada na parroquia de Riocaldo, dentro dos límites do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, no suroeste da provincia de Ourense. Esta é unha zona montañosa de gran variedade paisaxística e numerosos monumentos megalíticos.

Fai dous anos decidimos comezar coa producción de cabras para a elaboración dos “Queixos do Xurés”.

O que pretendemos dende a nosa granxa é recuperar parte da nosa tradición culinaria, sendo antigamente o leite de cabra parte da base alimenticia da zona, debido á riqueza da flora e á orografía da paisaxe do Parque Natural, que favorecen a adaptación da cabra ó entorno. O noso traballo ó fronte das “Cabras do Xurés” foi premiado pola asociación AGADER na categoría especial de desenvolvemento rural.

Ven a vernos

Convidámoste a coñecer a granxa e ver o noso traballo calquera día da semana, previa confirmación. Son benvidos os particulares, as familias e os grupos de escolares. Ver Plano.

Cómo mercar

a. Marcando o número 605080015 (José Antonio)

b. Enviando un correo electrónico a casadoxures@granxafamiliar.com

c. Visitando a granxa

Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.

Servizo sen frío

Servizo con frío

Servizo para grandes cantidades

 

 
Os nosos produtos
Queixo ecolóxico de cabra   Mel
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889)
Coa colaboración de:
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas