| · A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
| · Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
| · Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
| · Tenda online |
¿Tes imaxes sobre viaxes, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Viaxes?
![]()
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.

Non hai
Non hai
Non hai
Turismo Activo para Adultos
Na sección de Turismo Activo para adultos de Granxa Familiar atoparás unha alternativa de ocio de calidade apta para tódolos petos.
"Galiza Auténtica" Casa-Pazo Sabadelle (Chantada)
10:00 Saída de Santiago.
11:30 Chegada aproximada a Chantada e visita dunha granxa gandeira extensiva.
12:00 Baixada ó encoro de Belesar e visita ás instalacións hidroeléctricas.
12:30 Percorrido polas bodegas da ribeira. A agricultura tradicional en bancais.
13:15 Visita a unha bodega tradicional e degustación de viño.
13:45 Xantar no Pazo de Sabadelle. A comida componse de productos ecolóxicos da ADAF (Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar): carnes, viños, verduras e froitas. A tenreira e os capóns son de excepcional calidade.
16:00 Sobremesa amenizada por un contacontos ou poeta local.
17:00 Visita ás instalacións do Pazo de Sabadelle, unha construcción señorial que mostra a arquitectura civil do século XV en Galicia.
17:30 Obradoiro de elaboración do queixo fresco galego tradicional.
17:45 Comprobación do traballo diario no Pazo de Sabadelle, granxa de agricultura ecolóxica.
18:00 Regreso a Santiago
"Entre Copas" Adegas Luz (As Neves)
10:00 Saída de Santiago.
11:30 Chegada aproximada a As Neves e visita dos viñedos de Adegas Luz.
12:30 Visita guiada a Adegas Luz e degustación do Alvariño de Autor Abadía de Tortoreos.
13:45 Xantar tipo picnic na Área Recreativa de Santa Mariña de Liñares.
16:00 Sobremesa-paseo. Ponte Romana da Senra.
17:00 Visita ás esculturas de Redondelo.
18:00 Regreso a Santiago
A frecuencia das saídas será semanal e o prezo será nos dous casos de 60€/persoa, cun máximo de 35 persoas por quenda.
A este prezo inicial haberá que sumarlle 10€ no caso de que o/a participante requira unha copia en formato dixital dos vídeos e as fotografías recollidos ó longo da xornada.
Os/As asistentes poderán mercar produtos naturais e ecolóxicos coma viños, queixo de cabra, mel multifloral, crema de castañas, mermeladas, etc... no Curruncho ADAF.
Ademais existe a posibilidade de encargar carne de tenreira e capóns do Pazo de Sabadelle.