Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

Outros%20produtos

Mel



O mel caseiro de granxafamiliar é producido nas montañas do interior de Galicia, dende xeracións e a partir de prácticas culturais populares transmitidas oralmente de pais a fillos dende tempos pretéritos. A familia é o berce no que se coida con esmero un producto auténtico que se afasta ben lonxe das produccións industriais.

O mel é un produto intimamente ligado ao territorio no que se obtén, polo que segundo a súa orixe botánica o mel das montañas e bosques galegos pode clasificarse en:

Mel multifloral: posúe dende cores claras ata cores escuras. O sabor varía no grao de persistencia e intensidade sempre con matices florais ou afroitados.

Mel monofloral de castiñeiro: de cor ámbar escuro, pode presentar tons vermellos. Xeralmente son meles líquidos, con cristalización moi retardada, olor malteado e gusto intenso e persistente con lixeiras notas salgadas.

Mel monofloral de eucalipto: de cor ámbar, aromas céreos e sabor lixeiramente acedo e pouco persistente.

Mel monofloral de silva: de cor ámbar a ámbar escuro, sabor fortemente afroitado, marcadamente doce e aroma a froita.

Mel monofloral de queiroga: cor ámbar escuro ou escuro con tons vermellos, sabor lixeiramente amargo, intenso e persistente e aroma floral tamén persistente.

 

Granxas que ofrecen este produto
Casa de Paz (Lobios. Ourense)   Casa Pajaro (Lalín)
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas