Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

A nosa horta

Grelo



O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo. A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores. Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos da nosa terra, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza. Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza. Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

O grelo é unha planta adecuada para os climas fríos e húmidos que se adaptou durante séculos ó terreo profundo, fresco e fértil de Galicia. A temporada do grelo é de outubro a febreiro. Ó final do ciclo, o nabo partido en anacos con auga quente e fariña úsase en moitas casas de aldea como alimento para os animais. Para a súa conservación gárdanse en lugares frescos e sen luz ate a hora de cociñalos, conservando así frescos os aromas máis peculiares.

O consumo desta verdura, rica en vitamina C e ácido fólico, estase popularizando cada vez máis fóra de Galicia, grazas á calidade dos nosos productos.

 

Granxas que ofrecen este produto
Casa Sampedro (Brión)   Agro do Cruceiro (Coristanco)
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas