Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

A nosa horta

Pataca



Debido á súa situación xeográfica, e a que ós seus portos chegaban expedicións procedentes do Novo Mundo, debeu ser Galicia un dos primeiros lugares onde se cultivou a pataca.

Aínda que a pataca pode vexetar en climas moi diferentes -resiste grandes fríos e é capaz de darse en latitudes moi elevadas, superiores ás do trigo- atopa en Galicia a zona óptima para o seu cultivo.

En condicións normais, a sementeira realízase en primavera (marzo-abril) e a recolleita no verán (agosto-setembro), sendo nas zonas litorais onde se ven plantando nunha época máis temperá e nun tempo posterior nas zonas de montaña e do interior. Sectores da Galicia costeira sementan patacas en xaneiro e febreiro, recolléndoas en abril ou maio ; son as chamadas "patacas de cedo" ou "patacas da mariña".

A pataca veu a substituír á castaña na dieta dos galegos : ata entón todas as comidas eran acompañadas polo prezado froito do castiñeiro, algo que sería impensable hoxe en día debido á suplantación desta especie por outras máis modernas. Resulta curioso que aínda despois de tantos anos queden zonas en Galicia onde os máis anciáns lles seguen chamando "castañas" ás patacas.

A variedade de pataca máis utilizada no país galego foi a álava, de orixe alemá (hoxe en proceso de desprazamento a favor da Kennebeck de orixe americana). Son frecuentes por igual as variedades red-pontiac e barraca.

Debemos salientar en Galicia tres zonas para o cultivo da pataca, non só pola producción para o consumo, senón porque houbo unha época en que foron productoras de "Pataca de Semente Certificada": A Terra Cha, Bergantiños e A Limia. De todas elas, a única que segue a cultivar pataca dun xeito intensivo é A Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Cha) e Coristanco (Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un producto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

 

Granxas que ofrecen este produto
Casa de Paz (Lobios. Ourense)   Casa dos Caseiros (Ponteceso)
Agro do Cruceiro (Coristanco)    
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas