| · A nosa horta | · A Queixería | · As nosas carnes |
| · Fabas | · Froitas do País | · Outros produtos |
| · Prantas comestibles | · Prantas ornamentais | · Tenda online |
| · Viños galegos |
Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.
Outros produtos
Fariña de millo
Ademais de comer os grans secos ou tenros do millo, moer o millo permite extraer a fariña coa que se elaboran moitos preparados alimenticios. A principal avantaxe da fariña de millo con respecto a outras fariñas como as de trigo, cebada, centeo ou avena é o feito de carecer de gluten. Isto convérteo nun alimento apto para celíacos. Ademais, este tipo de fariña é unha boa fonte de hidratos de carbono, minerais (magnesio, fósforo, ferro, selenio e cinc) de vitamina B e vitamina A. A fariña de millo preferida polo consumidor é branca. Como ingrediente alimentario, aparece na composición dalgúns pans integrais e na elaboración, xunto coa fariña de outros cereais, de productos de repostería. Engádese aos pasteis porque incrementa a súa textura e lles proporciona azucres que resultan moi apetecibles para o consumidor.
Granxas que ofrecen este produto