Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

As%20nosas%20carnes

Tenreira

En Galicia podemos presumir de dispor de cinco razas autóctonas de gando vacún: Cachena, Caldelá , Frieiresa , Limiá , Vianesa, Pura Rubia Galega

A rubia Galega ten un formato medio e proporcionado, tórax profundo, largo e arqueado; dorso e lombos anchos, planos e musculados e coxa, nádegas e pernas convexos largos e descendidas. O esqueleto é robusto, forte e ben desenvolvido. Todas estas condicións coinciden coa conformación xeralmente larga, profunda, con ampulosidade e anchura dos animais especializados en produción cárnica. A cor fundamentalmente é rubia, trigo o canela( capa teima), admitíndose oscilacións que van dende o claro o amarelo o escuro o vermello. As mucosas rosadas e as pezuños e os cornos de cor clara, dende o branco rosáceo ao castaño, con algún escurecemento nas puntas. O seu peso oscila entre os 450 e 500 kg, a súa pelaxe e de cor do trigo máis ou menos claro. As súas mucosas son sempre rosadas.

O nome de Cachena serve para designar unha poboación bovina estendida no suroeste ourensán, nos montes da serra do Xurés, serra do Leboreiro e montes do Quinxo, que, ao final da súa regresión censual, quedou practicamente acantoada na parroquia da Illa, concello de Entrimo; máis concretamente, na localidade de Olelas. Esta raza, na antigüidade, foi de triplo aproveitamento: traballo, carne e leite, con predominio do primeiro para os traballos agrícolas (bois). Hoxe úsase como produtora dunha carne de excelente calidade.

Os animais da raza Caldeá, considerados no seu momento como os mellor dotados para o traballo de toda Galiza, son orixinarios da comarca que lle dá nome á raza (Terra de Caldelas), tamén se atopan exemplares nas áreas limítrofes da provincia de Lugo (Serra do Courel e no Cebreiro), onde os máis vellos do lugar lembran viaxes ás feiras de Castro Caldelas na procura dos bois caldelaos, extraordinarios animais de tiro, que tamén chegaban ás zonas máis afastadas, como Valdeorras ou O Bierzo. Non é unha raza produtora de carne cuantitativamente, senón cualitativamente. A raza en pureza oriéntase a unha produción de carne, baixo os obxectivos de calidade tanto no produto cárnico coma na maneira de obter esta carne.

A raza Frieiresa, toma o seu nome da comarca da Frieira, localizada ao sueste de Ourense, ten como área de dispersión os concellos ourensáns da Gudiña, Riós e Vilardevós, chegando incluso a outros do macizo central e ás aldeas de Hermisende e A Teixeira na provincia de Zamora. Aínda que na súa orixe era fundamentalmente destinada ao traballo agrícola, ao desaparecer a necesidade de tracción animal, reoriéntase o seu aproveitamento como produtora de carne de calidade, comercializando os becerros á desteta.

A tenreira de raza Limiá é orixinaria da comarca da Limia da que toma o seu nome. Os seus exemplares acadan o maior tamaño de todas as razas bovinas autóctonas galegas, sendo considerados como “os xigantes rexionais da especie bovina”. Na actualidade, o seu aproveitamento diríxese exclusivamente á produción de carne, produción na que sobresae das demais ao conseguir becerros de maior peso.

A raza Vianesa localízase na Terra do Bolo, comarca que se sitúa no oriente da provincia de Ourense, limitando con Sanabria (Zamora) e estendéndose cara aos montes do Invernadoiro e á serra de Queixa, onde existiron gran número de animais desta raza nas zonas montañosas dos concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda e A Pobra de Trives, chegando ata a porción occidental do macizo central ourensán, nos concellos de Vilar de Barrio, Montederramo e Maceda. A calidade máis apreciada desta raza é a rusticidade, o que permite a súa perfecta adaptación ao medio montañoso no que se desenvolve, ao que lle habería que sumar a condición de boa leiteira, que se traduce nun elevado ritmo de medranza dos becerros.

Dentro da denominación de orixe de Tenreira Galega, inclúese a carne de tenreira que presenta unhas características específicas. Procede de animais moi novos (sacrifícanse con menos de dez meses de vida), cunha alimentación tradicional de máxima calidade (leite materno, forraxes, concentrados de orixe exclusivamente vexetal), e polo peculiar manexo e sistema de produción dos gandeiros galegos (explotacións familiares con man de obra propia).

A carne da Tenreira Galega varía dunha cor rosa clara, no caso de ternera, ata un vermello suave, no caso do añojo. Ó corte presenta un aspecto magro, de consistencia firme, lixeiramente húmido e brillante, con graxa de cor branca nacarada e suaves irisacións amareladas, distribuída homoxeneamente. A súa textura é suave e con músculo de grao fino. É unha carne que destaca polo seu intenso e agradable sabor, cunha extraordinaria tenrura, xugosidade e suculencia.

En Granxa Familiar tamén temos carne de tenreira ecolóxica certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Visita a Granxa Casa Aguiar e Pazo Sabadelle

 

Granxas que ofrecen este produto
Casa Aguiar (Chantada)   Casa da Maripepa (O Irixo)
Pazo de Sabadelle (Chantada)   Casa do Carracedo (Abadín)
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas