Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
27|10|2016

Coñeces a variedade autóctona galega de porco celta?

Pois en Casa Millo e Landras podes atopala! E ademais criados en liberdade, de forma 100% natural, sen tranxénicos, como se fixo de toda a vida.

Víctor e Marta, os propietarios da granxa, coidan os seus animais con moito agarimo para obter a mellor calidade posible dos seus produtos.

Esta familia tan acolledora, oferta visitas a súa granxa para que poidades ver a súa maneira de producir e o trato agarimoso do que vos falamos.

Soa ben non?

Se estás interesado tanto nos produtos de esta granxa como na visita da mesma, podes contactar con Víctor ou Marta nos teléfonos: 607543505 ou 693432759. Eles estarán encantados de atendervos.

23|05|2016

Se che apetece probar a deliciosa carne dos nosos cochinillos, na casa Millo e Landras ofertámolos a un prezo de 30€ a unidade. Están criados con produtos totalmente naturais, de xeito tradicional. Cando disfrutes desta carne, notarás a diferencia. Ponte en contacto con nós a través dos números de teléfono 607543505 / 693432759 (Victor e Marta), ou mediante o correo electrónico casamilloelandras@granxafamiliar.com

09|06|2015

En Casa Millo e Landras dispoñemos dunha ampla variedade de carnes que proveñen de animais tratados cos mellores coidados e alimentados con produtos hortícolas cultivados de forma ecolóxica: ofrecemos  carne de porco celta podendo optar por unha canal enteira a 5,50€/k ou por lotes de 3 k das partes máis saborosas do porco: lombo, xamón, costela e panceta. Neste caso o prezo si se trata de carne fresca é de 15 €/k e se é salgada de 12€/k. Tamén dispoñemos de polo a 10€/k, e cordeiro a 10€/k. É esta así unha carne que se diferencia en canto a calidade e sabor porque os animais foron criados con cultivos obtidos na propia casa de forma ecolóxica e evitando os complementos artificiais.  En canto ós produtos hortícolas temos a disposición de temporada dunha gran variedade: coliflor, tomate, leituga, grelos, pataca, cebola, calçots, brecols y acelgas. Estamos dispoñibles para calquera consulta nos números 607 543505/693 432759 (Víctor/Marta) 

02|05|2011
Vendemos carne de porco celta ecolóxico. O prezo do nosa carne de porco celta ecolóxico é de 4´5€/Kg-canal ou de 15€/Kg se optamos por un lote de carne fresca de 3 Kg que inclúe lombo, xamón, panceta e costela. Ademais dispoñemos tamén de lotes de carne salgada con prezos entre 4 e 12 €/Kg Como mercar o produto, . Marcando o número de teléfono 607543505/693432759 (Víctor/Marta) . Enviando un correo electrónico a casamilloelandras@granxafamiliar.com
Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
13|02|2017

Granxa
Casa Pajaro

Anuncio

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

Ver información da Granxa
ImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas