Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
12|08|2016

Se non atopas a planta indicada ó teu gusto, é porque non buscaches en Casa das Flores - Herbas de Caaveiro. No lugar de Vilela, parroquia de Lamas, concello de San Sandurniño, Silvia posúe unha explotación incrible de plantas, sempre tratadas de forma totalmente ecolóxica.

Plantas medicinais, aromáticas, culinarias, ornamentais, patagónicas, por tempadas, de floración invernal ou incluso algúns arbustos son parte do florido catálogo dispoñible en Herbas de Caaveiro. Non agardes a que remate o verán e chama xa a Silvia ó 639 01 39 37 e poderás ter na túa casa plantas tan bonitas coma a caléndula ou a santolina, cuns prezos entre 2€ e 20€, dependendo da dispoñibilidade e do tamaño.

Consulta máis información no apartado de Casa das Flores na nosa web ou na páxina de Facebook de GranxaFamiliar e de Herbas de Caaveiro. Tamén podes enviar en email a casadasflores@granxafamiliar.com

18|09|2015

Estamos a promocionar as plantas medicinais culinarias, máis concretamente as edulcorantes como son a Estevia e a Dulce Azteca, cultivadas por Herbas de Caaveiro, moi saludables para o noso corpo, xa que teñen multitude de efectos beneficiosos e son de cultivo totalmente ecolóxico. Se te animas a probalas podes chamar a Silvia de Casa das Flores  ó número 639013937

22|01|2015

Dispoñemos dunha enorme variedade de prantas ornamentais: de floración invernal, patagónicas, de tempada, etc... Entregámolas en macetas de 2´5 ou 5L, e os prezos oscilan entre os 6 e os 20€, dependendo da especie e do tamaño da maceta. Se queres saber máis contacta con casadasflores@granxafamiliar.com ou con Silvia no 639 013 937

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
13|02|2017

Granxa
Casa Pajaro

Anuncio

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

Ver información da Granxa
ImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
dershane fiyatları

Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas