Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
24|11|2016

Nos verdes e amplos campos da aldea de A Condomiña, no Irixo, José Manuel cría e mantén a súa explotación de bois e vacas, coa especialidade de que se trata dunha raza autóctona, a cachena.

As vacas cachenas posúen unha carne exquisita, diferente das de outras especies, e mais cando se crían de forma tradicional e en total liberdade nos extensos montes ourensáns, onde se alimentan do pasto e do leite materno e nos cales en Casa da Maripepa traballaron toda a vida na gandería.

Chamando a José Manuel ó 608 884 802, podes facer o teu encargo e probar esta carne tan pouco frecuente, que non defrauda a ninguén. Ademais, Casa da Maripepa e José Manuel tamén venden na Praza de Abastos de Santiago, no posto 242-243, polo que xa non tes escusa para non mercala!

17|03|2016

En Casa Maripepa dedícamonos á produción de carne de terneira criada de xeito tradicional. Os terneiros son criados durante a súa vida con leite de nai que se ceiban cada día no monte. Un monte, que se encontra no noroeste da provincia de Ourense, nun espazo de montañas e prados verdes. Dispoñemos de diferentes productos derivados das nosas vacas de raza cachena e rubia galega, entre os que podemos destacar as chuletas a 12,75 euros/kg. Para máis información non dubides contactar con nós, por vía mail a casamaripepa@granxafamiliar.com, teléfono 608884802 (José Manuel) ou achégate até o noso posto (números 242-243) na Praza de Abastos de Compostela. 

10|06|2015

En Casa Maripepa ofrecemos carne de tenreiros criados durante toda a súa vida con leite de nais que se ceiban cada día no monte  tal como se fixo sempre nas casas labregas de Galicia. Dispoñemos deles en forma  de medias canais ou de lotes de entre cinco a quince quilos compostos de filetes, agulla, carne magra para guisar, xarrete, e churrasco. Sen embargo a nosa especialidade é a carne de tenreira cachena que é criada completamente ó aire libre nos montes da parroquia da Condomiña no concello ourensán de Irixo; é esta unha carne máis recia e dura e cun sabor máis forte que proporciona a alimentación a partir de pastos naturais. Pódese contactar con nós no número 608 884802 e preguntando por José Manuel. 

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
13|02|2017

Granxa
Casa Pajaro

Anuncio

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

Ver información da Granxa
ImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas