Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
Sen data

Queres unha tenreira de calidade? e que sexa do país?

Pois en Casa do Carracedo, en plena Serra do Xistral, no concello de Abadín (Lugo),  Jorge ten unha fermosa explotación bovina, criada en liberdade e de maneira tradicional, cuns prezos moi competitivos:  becerros enteiros ou medio a 6,30€/kg e os lotes a 8,30€/kg.

Se queres comprar este produto ou queres saber máis del, podes contactar con Jorge no teléfono 676196243 ou no correo electrónico: casacarracedo@granxafamiliar.com.

27|12|2016

Queres sorprender ós teus invitados nas festas do Nadal cunha comida tradicional, á vez que innovadora? Granxa Familiar dáche a oportunidade de facelo en colaboración coa Casa do Carracedo, na que Jorge cría ós seus becerros en total liberdade na fermosa Serra do Xistral, na parroquia de Labrada, en Abadín.

Os becerros viven nun ambiente saudable, alimentándose dos verdes pastos nestes montes tan húmidos, ademais de co leite materno das vacas e cos produtos da horta de Jorge. O resultado non pasa desapercibido no padal, pois os tenreiros medran sen aditivos, co paso natural do tempo, nunha paisaxe que eles mesmos coidan e producindo unha carne única, que non atoparás doutra forma.

Non perdas a oportunidade de chamar a Jorge ó 676 196 243 e facer o teu encargo. Sen intermediarios, favorecendo a economía do rural e o coidado da túa saúde, puidendo mercar o becerro enteiro ou en metades por 6,30€ o quilo, ou se o prefires, en lotes de dez quilos, custando 8,30€ cada quilo.

21|06|2016

Queres unha tenreira de calidade? e que sexa do país?

Pois en Casa do Carracedo, en plena Serra do Xistral, no concello de Abadín (Lugo),  Jorge ten unha fermosa explotación bovina, criada en liberdade e de maneira tradicional, cuns prezos moi competitivos:  becerros enteiros ou medio a 6,30€/kg e os lotes a 8,30€/kg.

Se queres comprar este produto ou queres saber máis del, podes contactar con Jorge no teléfono 676196243 ou no correo electrónico: casacarracedo@granxafamiliar.com

17|09|2015

Vendemos carne de becerro a 6,50 €/k criados ó aire libre nas montañas da Serra do Xistral e que por suposto posúe certificación Tenreira Galega Suprema. A súa alimentación é absolutamente natural baseada en leite materno e pastos como  principais alimentos e empregando como complemento para as nais cultivos obtidos no lugar, elementos estes que resultan claves para obter o auténtico sabor da carne de tenreira criada no interior de Galicia. O produto sérvese despezado podendo optar por un tenreiro completo, medio, cuarto tenreiro, ou lotes de 10 quilos que inclúen filetes, costeleta, falda (churrasco) e carne para asar.  Contactar con Jorge de Casa do Carracedo no número 676196243

08|11|2010
Vendemos carne de becerro das montañas da Serra do Xistral a 6,50€ o quilo (en lotes). Os animais son criados de xeito tradicional, alimentados con leite materno e pastos. Os consumidores poderán saborear unha carne de excelente calidade, de cor escura e moi saborosa. O becerro sérvese despedazado en fresco. Contactar con Casa do Carracedo (Abadín) no teléfono 676196243 (Jorge) ou na conta de correo casacarracedo@granxafamiliar.com
Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
13|02|2017

Granxa
Casa Pajaro

Anuncio

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

Ver información da Granxa
ImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas