Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
27|12|2016

Queres sorprender ós teus invitados nas festas do Nadal cunha comida tradicional, á vez que innovadora? Granxa Familiar dáche a oportunidade de facelo en colaboración coa Casa do Carracedo, na que Jorge cría ós seus becerros en total liberdade na fermosa Serra do Xistral, na parroquia de Labrada, en Abadín.

Os becerros viven nun ambiente saudable, alimentándose dos verdes pastos nestes montes tan húmidos, ademais de co leite materno das vacas e cos produtos da horta de Jorge. O resultado non pasa desapercibido no padal, pois os tenreiros medran sen aditivos, co paso natural do tempo, nunha paisaxe que eles mesmos coidan e producindo unha carne única, que non atoparás doutra forma.

Non perdas a oportunidade de chamar a Jorge ó 676 196 243 e facer o teu encargo. Sen intermediarios, favorecendo a economía do rural e o coidado da túa saúde, puidendo mercar o becerro enteiro ou en metades por 6,30€ o quilo, ou se o prefires, en lotes de dez quilos, custando 8,30€ cada quilo.

22|12|2016

Pode que a lotería de Nadal non che tocase, pero xa sabedes que o importante é ter saúde. Iso si, para estar ben hai que coidarse e para elo a comida de sempre é a máis recomendable.

Xa estamos no inverno, en tempo de grelos, fundamentais nos cocidos galegos para conseguir unha saúde de ferro. Así que se non che caeu o Gordo, nós dámoste a oportunidade de mercar os grelos que cultivan en Casa de Paz, en pleno parque natural do Xurés, en Lobios, para que nunca falte saúde e que non collas unha gripe, que estamos no tempo delas...

Chama xa ó 669 509 414 ou envía en email a puxedo33@hotmail.com para que Celsa ou Pablo atendan o teu pedido dos mellores e máis naturais grelos galegos. Cos cartos pódese xogar, pero coa comida nunca!

16|12|2016

Neste Nadal non desaproveites a ocasión de visitar Galicia. Costa, montaña... ou o Pazo de Sabadelle! Aquí, no lugar de Pacio, parroquia de Sabadelle, en Chantada, Xosé rexenta unha casa señorial de gran riqueza patrimonial, na que ademais cultiva numerosos produtos e cría moitos animais, todo de forma ecolóxica.

Como no Nadal non pode faltar un bo prato de carne por riba do marisco e do pescado, escoller a tenreira rubia galega criada en liberdade neste entorno natural, alimentada de leite materno e frescos pastos, é se dúbida a mellor opción, xa que tamén fomentas o comercio xusto, o desenvolvemento do rural e a túa propia saúde, pois esta carne ten certificado ecolóxico.

Non o penses e chama a Xosé ó 650 343 777 e encarga o teu pedido por só 6€ o quilo, ou achégate ó Pazo de Sabadelle (previo aviso) para ver a explotación en persoa e, de paso, desfrutar da incrible paisaxe da Ribeira Sacra.

09|12|2016

De toda a vida ten que facerse un bo capón para as comidas e ceas do Nadal, iso é algo que todos sabemos e que nin os máis novos perdoan.

Coas festas chamando á porta e os prezos nos mercados subindo coma a escuma, en Casa Sampedro, en Brión, ó lado de Santiago, dámosche a oportunidade de levar un galo caseiro, campestre, alimentado con fariña de millo da casa e produtos de horta, cunha idade media dun ano, por só 7´50 euros o quilo (vivo) ou 10 euros o quilo (limpo e aberto en canal).

Non agardes máis e aproveita a oportunidade de conquistar ós teus familiares no Nadal co auténtico sabor dun capón tradicional, chamando a José a un dos seguintes números: 679 257 417 / 659 262 226 / 981 805 333.

13|02|2017

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

24|01|2017

O frío do inverno en Galicia combatímolo a base de moverse e traballar. Bueno, e tamén sentándose ó lado da cociña de ferro mentras se come algo...

Precisamente de boa comida vos falamos hoxe, por conta de Casa Aguiar, coa carne de tenreira de calidade suprema certificada que José Manuel cría en liberdade nos verdes (e brancos) prados de Baltar, na parroquia chantadesa de Brigos.

A carne auténtica destas vacas ten un tono máis escuro e pouca graxa, xa que se alimentan de herba e penso ecolóxico. Chama a José Manuel ó 608 884 802 e poderás desfrutar desta magnífica e inmellorable carne na túa casa!

10|01|2017

A Casa Agro do Cruceiro é deses lugares que non deixa de sorprendernos. A actividade nela é frenética, atendendo á horta e ós animais, ademais de traballar con outros produtores, vender ós veciños e atender os pedidos por internet.

E con todo, Loli é quen de sacar adiante unha das máis variadas producións coas que contamos, en función da época do ano, pero contando cun invernadoiro para non depender tanto da climatoloxía.

Hoxe vos destacamos o millo cultivado en Agro do Cruceiro, que é millo do país, sementado pola mesma Loli e usado para alimentar ós animais e para facer fariñas coas que elaborar empanadas e tortas, destacando a súa autenticidade e deixándose secar no tradicional hórreo galego.

Se queres desfrutar deste excelente millo autóctono, chama a Loli ó 639 630 693. Tamén lle podes preguntar directamente pola fariña de millo se queres aforrar tempo!

05|01|2017

O traballo diario que Soraya lle dedica á súa horta en Labacengos, Moeche, na comarca de Ferrolterra, é moi digno de valorar e dito esforzo vese recompensado cuns produtos de excelente calidade.

En Casa Las Torres teñen agora (e por pouco tempo) un dos mellores brócolis que podedes ter a man, que medrou na terra húmida e fresca deste norte de Galicia, preto do cabo Ortegal, sendo unha zona coñecida pola súa beleza paisaxística e a súa calidade gastronómica.

Chama a Soraya ó 616 081 407 e por só 3€ o quilo, terás na casa un brócoli necesario para contrarrestar os excesos das festas e empezar o novo ano comendo produtos naturais, beneficiosos para a túa saúde!

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
07|10|2015

Granxa
Tenda Familiar

Anuncio

A festa da faba de Lourenzá rematou este fin de semana, pero en Casa Díaz podes comprar este produto garantido. Fabas tanto brancas como verdinas por 8.50€ + IVA o kilo. Fala con Isabel para poder mercalas no número de teléfono 636452790 ou a través do correo electrónico casadiaz@granxafamiliar.com

Ver información da Granxa

Non hai

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas