Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
23|03|2015

Vendemos galiñas de Mos, comezando a poñer. O prezo é de 20 (aproximado) euros cada unha. Contactar con pazosabadelle@granxafamiliar.com.  Teléfono 650343777

23|01|2015

Vendemos viño Albariño con denominación de orixe Rías Baixas en caixas de 3 e 12 botellas a 18 e 70€ respectivamente, IVE incluido. Ademais dispoñemos de ovos caseiros, tomates, leitugas, e unha ampla variedade de produtos de horta cultivados de xeito natural. Se queres saber máis contacta con casamontepio@granxafamiliar.com ou con Pablo ou Ismael nos teléfonos 981 570 698 e 609 563 353

22|01|2015

Dispoñemos dunha enorme variedade de prantas ornamentais: de floración invernal, patagónicas, de tempada, etc... Entregámolas en macetas de 2´5 ou 5L, e os prezos oscilan entre os 6 e os 20€, dependendo da especie e do tamaño da maceta. Se queres saber máis contacta con casadasflores@granxafamiliar.com ou con Silvia no 639 013 937

21|01|2015

Vendemos queixo de denominación de orixe Arzúa-Ulloa a 5,50 € a unidade de 900 gr. A leite coa que elaboramos os nosos queixos proceden de vacas alimentadas de xeito totalmente natural e mantendo unha constancia ó longo de todo o ano para que a calidade e cantidade de produción de leite non se vexa alterada en función da época. Pódense mercar todo o ano, previo encargo. Contactar con Casa Diéguez (Ilda Gómez) no teléfono 699 444 114 ou na conta de correo casadieguez@granxafamiliar.com

09|06|2015

En Casa Millo e Landras dispoñemos dunha ampla variedade de carnes que proveñen de animais tratados cos mellores coidados e alimentados con produtos hortícolas cultivados de forma ecolóxica: ofrecemos  carne de porco celta podendo optar por unha canal enteira a 5,50€/k ou por lotes de 3 k das partes máis saborosas do porco: lombo, xamón, costela e panceta. Neste caso o prezo si se trata de carne fresca é de 15 €/k e se é salgada de 12€/k. Tamén dispoñemos de polo a 10€/k, e cordeiro a 10€/k. É esta así unha carne que se diferencia en canto a calidade e sabor porque os animais foron criados con cultivos obtidos na propia casa de forma ecolóxica e evitando os complementos artificiais.  En canto ós produtos hortícolas temos a disposición de temporada dunha gran variedade: coliflor, tomate, leituga, grelos, pataca, cebola, calçots, brecols y acelgas. Estamos dispoñibles para calquera consulta nos números 607 543505/693 432759 (Víctor/Marta) 

04|06|2015

Dispoñemos de carne de Tenreira Galega Suprema certificada, ofrecémola xa despezada a 6,50  podendo optar por un becerro enteiro (unha canal), medio becerro (media canal) ou un cuarto de becerro. Foron criados nas terras do Concello de Chantada podendo sentir o sabor que lle proporciona á carne unha alimentación natural e que ante todo segue as fórmulas empregadas dende sempre no rural interior para a manutención dos tenreiros.  Contactar con José Manuel de Casa Aguiar no número 610 28 44 84 

23|03|2015

¿Aínda non probaches as famosas patacas de Coristanco? Vendemos o quilo de patacas, variedade kennebeck, a 0,60 céntimos de Euro o quilo (precio aproximado). Contactar con Casa Bustelo (Coristanco), 659262226 (José Antonio)ou no correo electrónico casabustelo@granxafamiliar.com.

23|03|2015

Vendemos ovos de galiñas criadas ó ar libre e alimentadas con fariña de millo e verduras a 3€ a ducia. Son de tamaño medio e sabor excepcional. Pódense mercar todo o ano, previo encargo. Contactar con Casa Sampedro (Brión) no tlf. 679257417 (José Sampedro) ou no correo electrónico casasampedro@granxafamiliar.com.

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
10|11|2016

Granxa
Casa Varela

Anuncio

Casa Varela é experta na elaboración de queixos de gran calidade, como así o afirma a Denominación de Orixe dos seus Arzúa-Ulloa. Tamén destacan pola investigación na produción, con resultados coma o queixo curado picante de tipo nabiza, feito con leite crúa e pimentón picante. Sempre con leite das súas propias vacas, criadas por eles mesmos, tratado co mimo e cariño de granxeiros galegos como Minia, nas súa explotación de Balada, na parroquia de Visantoña en Santiso.

Entre a ampla variedade de queixos que ofrecen, tanto na queixería de Visantoña coma na tenda Xebre en Melide, destacamos esta vez os seus saborosos Arzúa-Ulloa, a 8€ a peza (11´50€ o curado), ademais do Picante, que o hai entre 300 e 400 gramos a 6€ e de 550 a 650 gramos por 7´50€.

Desfrutar destas delicias está a tan só unha chamada ó 981 510 702 ou ó 619 967 425, onde Minia está sempre presente. Tamén podes enviarlle un email a queixeriavarela@gmail.com ou visitar a queixería Varela ou a tenda Xebre en persoa!

Ver información da Granxa
ImaxesImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas