· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
O xoves 16 de maio celebrouse no IDEGA a segunda e última sesión presencial do Curso de Innovación e Marketing Rural organizado por Granxafamiliar-ADAF. Como xa ocorrera na primeira xornada, os participantes puideron coñecer tres experiencias innovadoras de éxito vinculadas ao mundo rural: Agrodynamics, Un-Em e Granxafamiliar.
Pablo, xerente de Agrodynamics, explicounos como se fundou a súa empresa, as axudas e atrancos que tivo. Ademais falounos dos seus produtos tecnolóxicos innovadores para o pequeno produtor agrario. Moi interesante resulta o sistema de consulta fitosanitaria dos cultivos a través das redes sociais; a súa empresa asesora ao produtor a distancia recurtando os custes considerablemente.
Manuel, de Un-Em mostrounos os valores da iniciativa e capacidade emprendedora da universidade. Falounos da súa empresa para promover a creación de iniciativas empresariais a partir da transferencia tecnolóxica dende a universidade cara a sociedade.
Por último, Yolanda e Mariña, mostraron os valores de granxafamiliar.com, reflexionaron sobre o seu proceso de desenvolvemento, problemas, vantaxes, relacións coa administración, capacidade innovadora do proxecto, etc.
Se desexas ver os vídeos das súas intervencións, só tes que visitar a canle de TV de Granxafamiliar en YouTube.
Ademais, se queres obter máis información sobre estas empresas, podes facelo visitando as súas respectivas webs: