Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada


A Vida Cotiá
Noticia Destacada
Noticia destacada

Casa Las Torres xa ten certificado ecolóxico!

A última casa que se inseriu no proxecto de Granxa Familiar, no verán pasado, Casa Las Torres Ver



Casa Las Torres

Soraya López en Labacengos
Datos de Contacto
Dirección: Foxo de Arriba 10. Labacengos, 15564
Localidade: Moeche, A Coruña
Teléfono: 616081407
Conta de Correo: casalastorres@granxafamiliar.com
Facebook: https://www.facebook.com/Viveros-Las-Torres-1056975274315980/
Arquivos Asociados Imaxen
ImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxes
  Siguiente
Sons

Non hai

Videos
Soraya presentando Casa Las Torres
Soraya presentando Casa Las Torres
Anterior Ampliar Siguiente
Presentación

Soraya López coida a súa fermosa Horta Galega de xeito sostible e natural, con abundante auga de rega nun entorno privilexiado ao norte da provincia da Coruña, na parroquia de Labacengos, a carón do Castelo de Moeche.

Soraya, de orixe vasco, de Bilbao, decidíu xunto coa sua familia recuperar a tradición agraria dos seus antepasados galegos denantes de emigrar ao País Vasco. Hoxe adícase ao cultivo e venda  de hortalizas e legumes diversas para consumo e tamén de sementeira de árbores e plantas diversas. Podemos destacar entre as súas  variedades os tomates cherri, tomate, pera, pementos tipo padrón e do couto, pementos  celtas, leituga lisa, leituga "hoja de roble", repolo de Betanzos, repolo liso, espinacas, acelgas, etc.

A Casa Las Torres recupera o nome tradicional da familia de Soraya en Labancengos e está situada no municipio de Moeche, moi preto do Ortegal, do Océano Atlántico e do extremo septentrional da Península Ibérica en Estaca de Bares.

A comarca do Ortegal e de Ferrolterra son coñecidas pola súa gastronomía, ademais de pola súa cultura e beleza paisaxística.

A extensa produción de Soraya divídese en dúas tempadas, aínda que hai algúns produtos durante todo o ano:

Primavera - verán: nesta época dispón dunha maior variedade, sendo propio destes meses o seguinte:

Calabacín: 1,50€/kg.
Pementos: a 2,50€/kg ou a bolsa. Consulta no apartado ó final da entrada.
Pepino: 1,50€/kg.
Tomates: a 2,20€ ou 2,50€ o kilo. Consulte no final.
Xudías verdes ou vermellas: 3€/kg.

Outono - inverno: grazas ó magnífico invernadoiro que posúe Soraya, a diferenza entre tempadas redúcese, sendo propio desta:

Alcachofa: 3€/kg.
Brócoli: 3€/kg.
Col de Bruselas: 2,50€/kg.
Escarola rizada ou lisa: 2€/unidade.
Espinacas: 1,50€/manoxo.
Grelos: 2,50€/kg.
Romanesco: 3€/kg.

Sen tempada: entre os produtos dispoñibles continuamente, están:

Acelga: 1,50€/manoxo.
Berza galega: 2€/manoxo.
Cabaza:1,80€/kg.
Cebolas: dúas clases, a 2,20€ ou 2,50€ o kilo. Maís información no final.
Coliflor branca ou morada: 3€/kg.
Kale: 2€/manoxo.
Leitugas: a 1€ a unidade. Consultar tipos embaixo.
Nabizas: 2€/manoxo.
Pataca: 1,50€/kg.
Rabanito: 2€/manoxo.
Remolacha: 2€/kg.
Repolos: entre 1,80€ e 2€ a unidade. Consulte ó final da entrada.
Rúcula:1,50€ a bolsa de 100 gramos.

Ven a vernos

Estades convidados a visitar a nosa Horta Familiar para coñecer os nosos produtos e o noso traballo cotián. Serán moi ben recibidos tanto grupos de escolares, coma familias, turistas, etc... Requírese previa confirmación. Ver Plano

Cómo mercar

a. Marcando o número 616081407 

(Soraya) 

b. Enviando un correo electrónico
 casalastorres@granxafamiliar.com 

c. Visitando a granxa previa cita.

Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados, como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consultar as táboas de prezos e as condicións dos servizos.

Servizo sen frío

Servizo con frío 

Servizo para grandes cantidades

 

 
Os nosos produtos
Pementos   Tomate
Cebolas   Leitugas
Repolos    
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas