Outras novas



Arquivos AsociadosImaxen
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar
 
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar
 
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar
 
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Visita á granxa Agro do Cruceiro [I]
Visita á granxa Agro do Cruceiro [I]
Ampliar
 
Visita á granxa Agro do Cruceiro [II]
Visita á granxa Agro do Cruceiro [II]
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP Pío XII visita Agro do Cruceiro.


O pasado día 15 de outubro de 2008 o colexio Pío XII de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en tres granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. Os participantes organizáronse en tres grupos diferentes cada un deles de 25 nenos e acompañados dun mestre e técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar as granxas de Agro do Cruceiro, Casa do Castro, e Casa dos Caseiros.


Xa na saída, que tivo lugar desde o centro escolar ás dez da mañá, as facianas dos/as nenos/as amosaban grande interese e curiosidade por coñecelas granxas, cousa que para a maioría era unha completa novidade. Momentos antes de meterse no bus, aínda no patio, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.


A granxa Agro do Cruceiro sitúanse no termo municipal de Coristanco (A Coruña), en concreto na parroquia de Valenza, zona de ampla tradición agrícola.


Tralo recibimento e a presentación das instalacións por parte de Dolores, a granxeira de Agro do Cruceiro, comezamos co traballo diario que se fai nunha granxa.


A granxa dedícase ó cultivo de produtos de horta coma pataca, leituga, tomate, etc..., polo que as actividades levadas a cabo polos/as nenos/as estiveron orientadas cara a agricultura. Deste xeito, cultivaron leitugas e recolleron tomates e pementos.



Regando as leitugas


Os rapaces estiveron moi atentos ás explicacións de Dolores mentres observaban o funcionamento dun muiño e dunha debulladora eléctrica.


Ó remate desta actividade, acercámonos ó curral para dar de comer ás galiñas e ós porcos que estaban no cortello. Os cativos pelexaban por darlle de comer ós animais e Dolores, que en cada momento atendía as demandas dos nenos, trouxo máis comida para que os rapaces puideran repetir a actividade as veces que quixeran.


O tempo ía pasando e as facianas dos nenos amosaban confianza e desexos de seguir traballando nas labores da granxa. Pero non todo ía ser traballar, tamén houbo tempo para o lecer cun xogo para coñecer os animais “amigos e inimigos” dos cultivos.


Escoitar: Bichiños amigos ou bichocos inimigos


Despois do xantar, os rapaces gozaron contemplando ás vacas namentres pacían e debuxando aquilo que máis lles gustou da visita.



Antes de marchar, os rapaces quixeron facer unha foto do grupo


A visita á Granxa Agro do Cruceiro supuxo unha xornada inesquecible para os rapaces, na que non faltaron xogos e cancións.


Escoitar:Os 40 principiantes


A chegada dos/das nenos/as de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada, lucindo, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Andrés e Dolores, os granxeiros de Agro do Cruceiro, así como a participación do colexio Pío XII no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons