Oferta de queixo de cabras criadas nas montañas da Serra do Xurés elaborado artesanalmente a 15 € o quilo
Vendemos excelente queixo do Xurés de cabras de raza alpina alimentadas con toxos, fentos, silvas e demais especies típicas da flora do Parque Natural. Os queixos son elaborados na localidade de Celanova de forma totalmente artesanal con leite cru e sal, sen ningún aditivo.
Contactar con José Antonio
(605080015) ou a través da conta de correo
casadoxures@granxafamiliar.com. Tamén vos convidamos a coñecer a nosa granxa calquera día da semana. Requírese previa confirmación. Son benvidos grupos de escolares, familias… Amosarémoste como é o noso traballo diario na granxa.
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades