Arquivos AsociadosImaxen
Tenda Online de Granxa Familiar
Tenda Online de Granxa Familiar
Ampliar
 
Tenda Online
Tenda Online
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

A tenda online de Granxa Familiar xa está dispoñible!

Hoxe traémosvos unha moi boa noticia, algo que xa dixeramos que estábamos a levar a cabo e que é moi preciso para seguir mellorando as ventas dos nosos agricultores e gandeiros. Dende a nosa páxina de Facebook, xa está totalmente operativa a Tenda Online de Granxa Familiar!


Accedendo dende o menú situado á esquerda da páxina, no apartado "TENDA ONLINE", atoparedes o menú principal da tenda, agora un tanto baleiro, pois está á espera dos vosos comentarios, dúbidas ou suxerencias.


Pero o máis importante, á dereita emprázase o menú no que agora mesmo están visibles catro das casas asociadas a Granxa Familiar, das cales Agro do Cruceiro, Casa Pájaro e Adega Diego de Lemos xa están a pleno rendemento. No caso de Casa de Paz, será a seguinte en incorporarse á tenda. Tamén podedes acceder mediante unha pequena pestana que di "tenda online", enriba da imaxe central da tenda.


Dentro de cada casa, unha breve descrición da mesma precede ás fotos dos produtos en venta, que poderedes ampliar se queredes. Nos cuadriños de cada alimento, aparece a información que lle é referente, coa opción de mercalo premendo na imaxe do carro da compra.


Desta forma, o produto engádese á lista da compra, pero pódese seguir navegando pola tenda para escoller máis cousas, ou despois quitar algo do que se elixiu.


Finalmente, o último paso é a forma de pago. De primeiras, ábrese unha ventá coa páxina de Paypal, pero se non tedes unha conta nesta plataforma, debaixo de todo sae a opción de "Pagar con tarxeta de crédito ou débito".


Unha vez que se recibe o pago dos produtos, que é integramente para o produtor, dende Granxa Familiar poñémosnos en contacto con el ou ela para que realice o envío. Tedes que comprender que o sistema da tenda en Facebook só permite poñer unha cifra de gastos de envío, cando nós servimos de axuda a diferentes produtores de distintos lugares. É dicir, antes de mercar, é conveniente contactar co granxeiro para coñecer o gasto de envío exacto. De calqueira forma, nós procuraremos actualizalos e axustalos todo o posible.


Agardamos que sexades partícipes desta nova iniciativa, que pouco a pouco iremos ampliando con máis granxeiros e maior variedade.


Sen máis que engadir, só nos queda dicir que estamos moi ledos de abrir esta nova vía para chegar ó consumidor, que non atopará uns alimentos máis naturais que estes en ningures!

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons