Arquivos AsociadosImaxen
Visita Agro do Cruceiro 1
Visita Agro do Cruceiro 1
Ampliar
 
Visita Agro do Cruceiro 2
Visita Agro do Cruceiro 2
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC coñece Granxafamiliar nunha visita a Casa Agro do Cruceiro

Un grupo de estudantes, investigadores, persoal de servizos e profesores da USC visitaron Casa Agro do Cruceiro, en Valenza-Coristanco, para coñecer en detalle o proxecto Granxafamiliar. Puideron departir amigablemente coa familia de Loli e Andrés, amais de coñecer de primeira man as explicacións sobre o sistema de cultivo de horta ecolóxica, os procesos de comercialización por Internet e a historia da granxa. Tamén tiveron a oportunidade de analizar sobre o propio territorio os impactos sociais, económicos e culturais que terá o proxecto da Mina de ouro de Corcoesto sobre os veciños de Valenza e sobre a práctica agraria da comarca.


A dita actividade de visita foi organizada pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC en colaboración co Gist.Idega como acto de peche de curso 2012-13. Os participantes puideron comparar as técnicas de cultivo de hortas que viñeron pondo en marcha durante o presente curso académico nos campus da USC coas prácticas profesionais da familia de Casa Agro de Cruceiro.


Para obter máis información sobre a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC podes visitar a seguinte web:


http://www.usc.es/plands/benvidag.htm


Para coñecer Casa Agro do Cruceiro:


http://granxafamiliar.com/nosasgranxas/granxa.php?granxa=42


 

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons