Arquivos AsociadosImaxen
Curso de Innovación, foto 1
Curso de Innovación, foto 1
Ampliar
 
Curso de Innovación, foto 2
Curso de Innovación, foto 2
Ampliar
 
Curso de Innovación, foto 3
Curso de Innovación, foto 3
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Xa podes ver os vídeos da primeira xornada do Curso de Innovación e Marketing Rural

O pasado xoves 2 de maio tivo lugar, na sede do IDEGA,  a primeira xornada presencial do Curso de Innovación e Marketing Rural organizado por Granxafamiliar-ADAF. Nela, os alumnos puideron coñecer, da man dos seus protagonistas, tres experiencias empresariais de éxito: Conxelados José Bermúez S.L., Pazo de Vilane e Deroceras.


cartel


Na primeira ponencia José Bermúdez falounos da súa empresa especializada na comercialización de bacallau e outros produtos conxelados e de Moraima, a cooperativa vitivinícola que fundou en 2006.


A continuación, Nuria do Pazo de Vilane, compartiu connosco as claves do seu exitoso proxecto de produción e comercialización de ovos campeiros de galiñas en liberdade.


Por último, María Córdoba falounos de Deroceras, empresa xurdida a partir dun grupo de investigación da Universidade de Santiago que ten como obxectivo facer un uso racional dos productos fitosanitarios.


Xa podes ver os vídeos das súas intervencións na canle de Granxafamiliar en Youtube.


Ademais, se queres obter máis información sobre estas empresas, animámoste a visitar as súas webs:


www.josebermudez.es


www.adegamoraima.com


http://pazodevilane.com/wordpress/


www.deroceras.com


 


 

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons