Outras novas



Arquivos AsociadosImaxen
Curso de Innovación e Marketing Rural
Curso de Innovación e Marketing Rural
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Granxafamiliar.com convídate ao Curso de Innovación e Marketing Rural

 


Necesidades de formación. A experiencia de marketing online para o desenvolvemento rural levada a cabo durante os últimos seis anos por www.granxafamiliar.com pon en evidencia a necesidade de cualificar recursos humanos en temas de marketing territorial, innovación, emprendimento, xestión de recursos dixitais, xestión de redes sociais, agricultura ecolóxica, turismo creativo, desintermediación comercial, etc. orientados específicamente cara o medio rural.

As familias e residentes do rural non poden quedar á marxe da sociedade da información e requírese un esforzo na súa cualificación e alfabetización dixital. Todo apunta a que hoxe en dia xa non chega con saber producir senón que hai que saber “vender” os productos do noso rural.

Por moito que consideremos bos profesionais a todos os que actúan no agro, resulta evidente que, en moitos casos, están carentes dun nivel de formación e coñecemento axeitados ás necesidades dun mundo dixital, e son eles mesmos os que solicitan esta formación, á vista da competitividade e resultados que se están a acadar no sector na actualidade.





Organiza:

Granxafamiliar-ADAF

Colabora:

Gist. Idega. Universidade de Santiago

Máster en Sociedade da Información da Universidade de Santiago

Subvenciona:

Deputación da Coruña

Información:

granxafamiliar@granxafamiliar.com

Telf.: +34 647344270

Director:

Carlos Ferrás Sexto (Presidente de Granxafamiliar-ADAF y Director do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).

Coordinador:

Gustavo Marcos Cancelas (Profesor do Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC e colaborador do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).

Obxectivos

Analizar metodoloxías, aplicacións TIC e experiencias de emprendimento para a innovación e desenvolvemento do medio rural e da agricultura familiar, co obxecto de que os alumnos poidan desenvolver os seus propios proxectos aplicados.

Familiarizarse co funcionamento e posibilidades dos sistemas online de xestión de información a través das plataformas www.granxafamiliar.com y www.galiciaautentica.org.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

O traballo de formación resulta indispensable para a consecución dos obxetivos, e neste caso debe haber unha formación baseada na transmisión de coñecemento innovador respecto a tema claves para o desenvolvemento rural, amais dunha formación dirixida cara a cualificación no uso das novas tecnoloxías e nas habilidades informacionais.

Realizarase un curso completo de 60 horas de duración centrado na INNOVACIÓN E MARKETING RURAL.

O profesorado será seleccionado a partir de criterios de excelencia empresarial, liderazgo no emprendimento e cualificación docente e experiencia demostrada na formación offline e online.

A planificación temporal do curso queda como segue:

Duración: 60 horas. Horario de traballo: 12 horas/semana de traballo por alumno.

Data de Inicio: xoves 2 de Maio de 2013. Data de fin: xoves 30 de Maio 2013

Lugar de celebración:

A sede do curso será no Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia, Idega, donde ten as súas oficinas ADAF-Granxafamiliar.

Os alumnos deberán asistir presencialmente en horario de 16:00 a 21:00 horas ás seguintes aulas de Traballo (10 horas):

1. Aula de Traballo Desenvolvemento Rural e Tecnoloxía. O xoves 2 de maio de 2013.

2. Aula de Traballo Marketing Territorial. O xoves 16 de maio de 2013.

Amais, os alumnos traballarán os contidos do curso dixitalizados e a distancia (40 horas). Para esto disponse dunha plataforma avanzada para impartición de cursos On Line, á que da soporte a USC a través do Grupo de Investigación GIST.IDEGA.

Metodoloxía de aprendizaxe:

Os alumnos deberán realizar as tarefas descritas apoiándose en:

1. Os videos dispoñibles na plataforma dixital do curso. 2. A bibliografía e os recursos Web recomendados. 3. A interacción con outros alumnos na aula presencial e virtual. 4. As consultas On-Line cos profesores (por mail, videoconferencia, etc).

Os idiomas vehiculares do curso serán o galego e o castelán.

Tempo de estudio e traballo persoal que debe dedicar un alumno:

O alumno deberá dedicar un total de 60 horas de traballo para superar o curso que ten unha duración de 5 semanas, comenzando o xoves 2 de maio e concluindo o xoves 30 de maio. Durante as cinco semanas de traballo, os alumnos poderán transmitir ao profesor as súas dúbidas por mail ou videoconferencia. As tutorias por videoconferencia serán solicitadas previamente por email aos profesores.

Prezo e prazos de inscripción:

A inscripción a través do formulario: ENTRAR NO FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

O prazo de inscripción finaliza o 25 de abril de 2013. O prezo do curso é de 50€, que deberán ser abonados antes del 30 de abril de 2013 facendo constar o título do curso na conta:

2080 0388 26 3040001013 de NovaGalicia Banco.

Se habilitan un máximo de 25 prazas. Granxafamiliar-ADAF concederá 10 bolsas que cubrirán o importe íntegro da matrícula aos seus asociados; con preferencia aos desempregados de longa duración e minusválidos. O listado de beneficiarios será anunciado o día 26 de abril de 2013.


 

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons