Outras novas



Arquivos AsociadosImaxen
Estudiantes de Xeografía Rural da USC realizan traballo de campo na Ribeira Sacra
Estudiantes de Xeografía Rural da USC realizan traballo de campo na Ribeira Sacra
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Un grupo de estudiantes da Universidade de Santiago realizan traballo de campo no Pazo de Sabadelle

Un grupo de 30 estudiantes de Xeografía Rural e Desenvolvemento Local da USC realizaron traballo de campo en Sabadelle-Chantada este pasado 7 de novembro de 2012. Coñeceron a Cooperativa Agraria ICOS da man do seu Presidente, co que puidero coñecer a experiencia de éxito da dita cooperativa amais de debater sobre o futuro do sector lácteo galego. Achegáronse á Adega Lareu, onde o seu propietario Primitivo Lareu foi quen de transmitirlle a súa experiencia emprendedora, expoñendolles fundamentados argumentos sobre os obstáculos que tivo que superar para por en marcha o seu proxecto empresarial; criticando a excesiva burocracia e falla de interés da administración polo medio rural galego. O programa de traballo completouse coa visita ao Pazo de Sabadelle, onde Xosé Inocencio, o seu propietario foi quen de mostrarlles a súa experiencia vital en relación coa gandería ecolóxica de tenreira galega, amais de mostrarlle o Pazo no que reside e a experiencia innovadora que leva a cabo no marco do proxecto da USC www.graxafamiliar.com Esta xornada de traballo foi organizada polo www.gist.es e forma parte do proxecto de innovación educativa que ten en marcha.

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons