O proxecto Granxafamiliar e a transferencia de I+D
Granxa Familiar convértese na protagonista desta entrada no blog "Semillas de innovación", que trata temas como a agroalimentación, a sostibilidade ou a innovación social.
O texto recorda os inicios do proxecto Granxa Familiar e destaca a importancia que ten, non só como unha plataforma de comercio online, senón como unha forma de achegar as TIC ao rural.
www.granxafamiliar.com
No proxecto participan 20 granxas familiares de toda Galicia que aumentaron as súas rentas gracias a esta iniciativa, que trata de solucionar un problema no rural galego como son os excedentes agrarios.