Arquivos AsociadosImaxen
Confeito de Amorodo
Confeito de Amorodo
Ampliar
 
Marmelada de Framboesa
Marmelada de Framboesa
Ampliar
 
Marmelada de Grosella Negra
Marmelada de Grosella Negra
Ampliar
 
Marmelada de Mora, Framboesa e Fiuncho
Marmelada de Mora, Framboesa e Fiuncho
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Granxafamiliar porá á venda 600 botes de marmeladas e salsa de tomate

A investigadora Yolanda García e as irmás Antía e Mariña Pouse levan anos na universidade de Santiago con diferentes proxectos como o de Antía sobre novas tecnoloxías no grupo de Carlos Ferrás, ou a tese doutoral de Mariña sobre xénero e novas tecnoloxías ou a de Yolanda sobre turismo e sociedade da información.



Mariña, Antía e Yolanda


Cada unha delas ten unha experiencia de polo menos 9 anos en investigacións tamén relacionadas, dun modo ou outro, co medio rural galego pois fixeron estudos socioeconómicos sobre cooperativismo lácteo que lle levaron a indagar e coñecer a realidade das producións familiares, o seu nivel de autoconsumo e as posibilidades de venda dos excedentes.


Nun acto de presentación pública do colectivo, desenvolvido na facultade de Historia de Santiago, o diretor de "granxafamiliar.com" Carlos Ferrás Sexto, explicou a medio centenar de asistentes que estudos económicos de hai cinco anos descubriron a existencia dunhas rendas familiares que poderían chegar aos 16.000 euros por persoa en produtos destinados ao autoconsumo pero dispoñibles tamén para entrar no mercado.


"Temos aí unha gran oportunidade económica con niño de mercado propio pois a pesar de estar desatendido, segue existindo por canles informais", agregou.



Para saber máis pica no seguinte enlace: Galiciaé
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons