Arquivos AsociadosImaxen
"Xornada Granxa Familiar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet"
"Xornada Granxa Familiar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet"
Ampliar
 
Intervención de D. Enric Senabre
Intervención de D. Enric Senabre
Ampliar
 
Intervención de D. Patrick OFlanagan
Intervención de D. Patrick OFlanagan
Ampliar
 
Intervención de D. Afonso Touceda
Intervención de D. Afonso Touceda
Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Intervención de D. Enric Senabre
Intervención de D. Enric Senabre
Ampliar
 
Intervención de D. Afonso Touceda
Intervención de D. Afonso Touceda
Ampliar
 
Intervención de D. Isidoro Leotta
Intervención de D. Isidoro Leotta
Ampliar
 
Intervención de Dona Carme Casado
Intervención de Dona Carme Casado
Ampliar Siguiente
 

"Xornada Granxa Familiar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet"

Con data 20 de outubro de 2010 a Secretaria Xeral De Modernización e Innovación Tecnolóxica ditou resolución de concesión á Asociación para o Desenvolvemento Agrícola Familia (ADAF), dunha subvención de 7.359,76 euros, ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010 pola que pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2010 (Procedemento administrativo PR521A)).



Memoria resumo do proxecto



PRESENTACIÓN: "Xornada Granxa Familiar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet"

Produtores, técnicos e consumidores participaron nunha xornada informativa sobre comercio electrónico e agricultura ecolóxica. O encontro, denominado “GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico” celebrouse, o día 19 de novembro, no Auditorio do Centro Sociocultural do Ensanche.


Ver cartel presentación das Xornadas



Destinada a produtores/as, técnicos/as e consumidores/as, tivo como obxectivos impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co obxecto de mellorar a calidade de vida, e por en valor a cultura rural. Organizada pola Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar de Galicia, contou coa colaboración da concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo; de Turismo de Santiago; de ADTERRA (Asociación para o Desenvolvemento dos Territorios polos Actores Locais); da USC e do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica.






GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos Tradicionais e Comercio Electrónico foi gratuíta e aberta ao público. A xornada, cofinanciada polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Plan Avanza, centrouse no comercio electrónico e nos produtos agrarios tradicionais, tratando de establecer canles de comunicación directa entre o medio rural e urbano, e de promover a difusión das TICs como ferramentas de intervención fronte ó fenómeno de exclusión socio-territorial coñecido como fenda dixital ou diferenzas no acceso ás novas tecnoloxías. A través desta iniciativa preténdese impulsar o desenvolvemento das capacidades de innovación no medio rural galego, revalorizar a cultura rural partindo do uso das novas tecnoloxías, e axudar a incrementar as rendas familiares no rural galego.


O encontro baseouse nunha primeira exposición de especialistas, amosando casos de éxito para un debate de oportunidades e desafíos do medio rural galego e as súas implicacións nas canles de distribución e de consumo urbano. Mostráronse experiencias doutros territorios, como Cataluña, Irlanda e Italia, e analizouse a visión das asociacións de consumidores, as tendencias de consumo en Santiago de Compostela e as formas de comercio alternativo a través de internet; para dar paso, a continuación, a un debate sobre a viabilidade e oportunidade de novos modelos de desenvolvemento sostibles, saúdables, respectuosos co medio ambiente e comprometidos socialmente para Galicia, nun contexto de difusión das TIC e implantación da Sociedade do Coñecemento. Este debate, aberto ao público asistente, deu paso a unha mesa redonda sobre o futuro da agricultura familiar e as posibilidades do comercio electrónico.



 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Logo ADAF Logo Concello de Santiago Logo USC Logo ADterra Logo anatole
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons