Arquivos AsociadosImaxen
Coas mans na masa
Coas mans na masa
Ampliar
 
Coas mans na masa
Coas mans na masa
Ampliar
 
Coas mans na masa
Coas mans na masa
Ampliar
 
Os nenos e nenas divertíronse coas labores na granxa
Os nenos e nenas divertíronse coas labores na granxa
Anterior Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Bos Días. TVG
Bos Días. TVG
Ampliar
 
Visita a Casa Vilarullo [I]
Visita a Casa Vilarullo [I]
Ampliar
 
Visita a Casa Vilarullo [II]
Visita a Casa Vilarullo [II]
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP San Pedro de Visma visita Casa Vilarullo



O pasado día 10 de outubro de 2008 o colexio San Pedro de Visma da Coruña participou no proxecto "Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica nunha granxa de produtos ecolóxicos ubicada no lugar de Vilarullo (Curtis), acompañados por técnicos do grupo de investigación Gis-T. IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela e mestres do propio colexio.


Xa na saída, que tivo lugar desde o mesmo centro escolar ás dez da mañá, as facianas dos/as nenos/as amosaban grande interese e curiosidade por coñecela granxa, pois para moitos deles sería o seu primeiro contacto. Unha vez dentro do bus, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.




Comeza a nosa aventura


Deste xeito, todos/as ben equipadiños/as con camisetas do proxecto, tivo lugar a viaxe de ida cara á granxa Casa Vilarullo, durante a cal os/as cativos/as eran incapaces de agochala súa impaciencia por chegar.


A granxa Casa Vilarullo de productos ecolóxicos sitúase no termo municipal de Curtis, en concreto no lugar de Vilarullo, parroquia de Santa Eulalia, zona de amplios montes e espazos verdes en xeral.


Trala chegada á granxa os/as cativos/as foron recibidos/as por Belén, a granxeira propietaria, e reporteiros da Televisión de Galicia que tomarían boa nota do que alí acontecera.


Unha vez presentadas as instalacións, todos/as se puxeron mans á obra coas actividades previstas entre as cales estaban o cultivo de repolo, a recolección de tomates e pementos, coñecer o proceso de creación do compost...



Os rapaces aprenderon a facer o marco de plantación



A granxeira explícalles aos rapaces como preparar os manoxos de grelos


A visita á Granxa Vilarulllo foi unha xornada inesquecible para os rapaces/zas, onde non faltaron os xogos e as cancións.


Escoitar: "Cantando o Chiqui Chiqui"



Antes de marchar, os nenos quixeron facer a "foto de familia" con Belén, a granxeira de Casa Vilarullo


No camiño de volta no autobús, os rapaces contáronnos o ben que o pasaron na granxa.


Escoitar:"Volvería a unha granxa millóns de veces"



A chegada dos/das nenos/as de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada, lucindo, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Belén, a granxeira de Casa Vilarullo, así como a participación do colexio San Pedro de Visma no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons