· A nosa horta | · A Queixería | · As nosas carnes |
· Fabas | · Froitas do País | · Outros produtos |
· Prantas comestibles | · Prantas ornamentais | · Tenda online |
· Viños galegos |
Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.
As nosas carnes
Coello
O coello é un mamífero pertencente á especie ”Lepus cuniculus”. Pénsase que a súa orixe foi a Península Ibérica e que, tomando en conta o bo sabor da súa carne, alguén os criou de forma doméstica, posto que os coellos domésticos actuais descenden dos silvestres. A alimentación e o pouco movemento dos coellos domésticos lograron unha carne branca e máis saborosa, a través do tempo.
Do mesmo xeito, a composición nutritiva e as características da carne do coello son diferentes se o animal se criou en granxas ou polo contrario viviu en liberdade alimentándose de produtos naturais, obtidos nos campos.
A carne dos coello criados en gaiolas é dunha color rosáceo máis clara e dunha textura máis tenra que se va endurecendo conforme aumenta a idade do animal. Críanse de maneira intensiva en menos tempo que o de monte e presenta un sabor máis suave, sendo tamén un elemento fundamental o tipo de alimentación, baseado practicamente no consumo de pensos.
A carne de coellos criados en liberdade ten unha textura máis dura e con moito sabor debido aos aromas que aporta unha alimentación máis natural. A súa carne é de cor máis vermella e contén menos cantidade de graxa na súa composición.
O coello pode cociñarse de tódalas formas: asado, guisado, frito, en arroces...
Granxas que ofrecen este produto
Casa Sampedro (Brión) |