Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
09|06|2016

O verán aproxímase e se aínda non tes postos os pementos e os tomates, non debes esperar máis! Por tan só 0´35€ a unidade, tes a oportunidade de encher a túa horta cos mellores tomates e pementos, de sementes totalmente naturais, sen tranxénicos.

Dende Casa da Aldea en Bieite, Coristanco, podes mercar, ademais, moitas outras plantas desenvoltas nos seus sementeiros e listas para formar parte do teu cultivo, só cunha chamada a Imperio no 607 332 661 ou contactando por email na dirección casadaaldea@granxafamiliar.com

23|05|2016

Se che apetece probar a deliciosa carne dos nosos cochinillos, na casa Millo e Landras ofertámolos a un prezo de 30€ a unidade. Están criados con produtos totalmente naturais, de xeito tradicional. Cando disfrutes desta carne, notarás a diferencia. Ponte en contacto con nós a través dos números de teléfono 607543505 / 693432759 (Victor e Marta), ou mediante o correo electrónico casamilloelandras@granxafamiliar.com

18|05|2016

En Casa Sampedro vendemos ovos das nosas galiñas. Unhas galiñas alimentadas só a base de millo e verduras, cultivados na nosa propia casa. A dúcia de ovos é a 3 euros. En caso de dúbidas pode consultarnos chamandonos ó 679257417 (José Manuel).

09|05|2016

No corazón de Galicia, concretamente no concello de Antas de Ulla, temos a nosa explotación de vacas. Grazas a estas e a unha especial atención da súa alimentación obtemos unha excelente materia prima para os nosos queixos. Ademais de producir baixo a denominación Arzúa-Ulloa, tamén dispoñemos de outros, como o fresco a 6 euros. Se queredes máis información, non dubides en contactar con nós vía teléfono, 699444114 (Hilda) ou mediante mail, casadieguez@granxafamiliar.com

19|07|2016

Imperio, de Casa da Aldea, está a ampliar a súa produción, engadindo plantas aromáticas e culinarias ás hortícolas e ornamentais que xa tiña.

O seu espírito emprendedor transmítello a cada unha das súas sementes, que medran de maneira totalmente ecolóxica e natural, como acontece co tomillo, unha das perlas verdes do seu invernadoiro en Bieite, Coristanco

Unha chamada ó 607 332 661 ou un correo electrónico á dirección casadaaldea@granxafamiliar.com sepárante de poder obter na túa casa todos os beneficios culinarios do tomillo. A que agardas?

29|06|2016

Xa estamos no verán e, que hai mellor para este calorciño que unha boa ensalada?

Na Comarca do Salnés, na cabeceira das Rías Baixas, atopámonos con Casa Carballal, que ten uns excelentes produtos da horta, cultivados de maneira tradicional, con abundante auga natural.

Para a base das túas ensaladas, Casa Carballal che ofrece unha ampla variedade de verduras, como a leituga riza verde ou vermella (a 50 céntimos de euro), espinacas ou acelgas (a 60 céntimos o manoxo de calquera das dúas).  Ademáis, para acompañala, dispoñen de produtos como o tomate, tomate cherry, pepinos, remolacha, cebolas,…

Non agardes outro intre e contacta con Mari ou con Carmen no teléfono 986561300 ou no 646218266 e infórmate sobre esta granxa e os seus produtos.

21|06|2016

Queres unha tenreira de calidade? e que sexa do país?

Pois en Casa do Carracedo, en plena Serra do Xistral, no concello de Abadín (Lugo),  Jorge ten unha fermosa explotación bovina, criada en liberdade e de maneira tradicional, cuns prezos moi competitivos:  becerros enteiros ou medio a 6,30€/kg e os lotes a 8,30€/kg.

Se queres comprar este produto ou queres saber máis del, podes contactar con Jorge no teléfono 676196243 ou no correo electrónico: casacarracedo@granxafamiliar.com

15|06|2016

Na aldea de Puxedo, concello de Lobios, inmerso na beleza paisaxística do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, atópanse dous dos nosos amigos do campo, Celsa e Pablo, cuxa gran variedade de produtos está a piques de coller o seu mellor aspecto e entrar no mercado.

Mentras tanto, dispoñen das súas cebolas, a 1€ o kilo, e do seu excelente e tradicional mel, a 6€ o kilo, que os teñen durante todo o ano, ademais dunhas leitugas frescas para consumir xa en xuño, a 0´60€ a unidade. Non perdas a oportunidade de chamar ó 669 509 414 para falar cos xerentes da Casa de Paz, ou enviar un email a

casadepaz@granxafamiliar.com

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
15|10|2015

Granxa
Casa Sampedro

Anuncio

Aínda que estamos a mediados de outubro, algúns xa pensan nas ceas de nadal. En Casa Sampedro vendemos galos de curral alimentados só a base de millo e verduras, cultivados na nosa propia casa. A súa venda está dispoñible de dúas maneiras, por unha parte, vivos a 8 euros/kg mentres que limpos a 10/euros/kg. Teñen un peso aproximado entre os 3’5 e os 4 kg. En caso de dúbidas pode consultarnos chamandonos ó 679257417 (José Manuel).

Ver información da Granxa

Non hai

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
dershane fiyatları

Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas