Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
10|11|2016

Casa Varela é experta na elaboración de queixos de gran calidade, como así o afirma a Denominación de Orixe dos seus Arzúa-Ulloa. Tamén destacan pola investigación na produción, con resultados coma o queixo curado picante de tipo nabiza, feito con leite crúa e pimentón picante. Sempre con leite das súas propias vacas, criadas por eles mesmos, tratado co mimo e cariño de granxeiros galegos como Minia, nas súa explotación de Balada, na parroquia de Visantoña en Santiso.

Entre a ampla variedade de queixos que ofrecen, tanto na queixería de Visantoña coma na tenda Xebre en Melide, destacamos esta vez os seus saborosos Arzúa-Ulloa, a 8€ a peza (11´50€ o curado), ademais do Picante, que o hai entre 300 e 400 gramos a 6€ e de 550 a 650 gramos por 7´50€.

Desfrutar destas delicias está a tan só unha chamada ó 981 510 702 ou ó 619 967 425, onde Minia está sempre presente. Tamén podes enviarlle un email a queixeriavarela@gmail.com ou visitar a queixería Varela ou a tenda Xebre en persoa!

08|11|2016

Sabemos que che encantan os produtos de calidade e por iso, animámoste a probar os cabritos de Casa Alba!

Situado en pleno corazón do parque natural de Pena Trevinca, atopámonos co concello de A Veiga, onde se empraza esta fermosa granxa.
A súa propietaria Alba, é unha rapaza ourensá que decidiu voltar á vida no rural e apostar pola súa pequena explotación familiar.

Os cabritos desta granxa son coidados con moito cariño dende o seu nacemento e alimentados a base de produtos naturais da horta, como verzas ou herba. É a principal razón pola cal a súa carne sae tan terna e suculenta, un manxar que non debería faltar na túa mesa.

Se queres mercar este magnífico produto ou coñecer a granxa, contacta con Alba ou a súa nai Amelia nos teléfonos: 988294688/ 689544280.

04|11|2016

Sen dúbida, o mel é un deses alimentos que non debe faltar na casa, pois ben serve para acompañar calquera comida, como para darlle un toque doce a un prato, calmar a dor de gorxa se tes un arrefriado ou simplemente degustar o seu tacto e sabor. E ademais nunca caduca!

Se a todo isto lle engades unha elaboración natural, ecolóxica, respectuosa co medio ambiente, nos verdes montes da parroquia de Filgueira, en Lalín, xa dispós do produto esencial para a túa cociña, agora que chegan os días de frío e choiva.

E todo isto cúmpleo á perfección Fernando, o noso apicultor en Granxa Familiar, que en Casa Pájaro promove a elaboración deste mel totalmente natural, perfecto para quen sexa apaixoado deste froito das abellas. Non perdas a ocasión e chama a Fernando no 662 084 529 ou envíalle un email a melpajaro@hotmail.com

02|11|2016

Xa estamos en época de fungos! Algunha vez viches unha granxa onde cultiven fungos?

En Granxa Familiar temos a Casa dos Fungos, que ten a súa propia explotación de fungos, cultivados en grandes troncos de carballo que, xunto coa humidade propia do clima galego fan un entorno favorable para o crecemento de setas como o Shiitake.

Se queres probar o shiitake galego de Casa dos Fungos ou outra das súas variedades, así como unha visita á granxa, contacta con Santiago no 629383741 ou José no 696645889. Eles estarán encantados de resolver as túas dúbidas.

01|12|2016

O queixo é un dos produtos máis clásicos e exitosos da nosa terra e, en especial, de lugares como Antas de Ulla, na provincia de Lugo e en pleno corazón de Galicia.

Aquí, na parroquia de Olveda, Hilda Gómez prepara uns queixos con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa a partir do leite das súas propias vacas, mesturando tradición e modernidade nun proceso totalmente respectuoso co medio ambiente e a saúde pública.

As vacas aliméntanse de forma natural e en cada queixo incorpóranse sete litros de leite. Así, en Casa Diéguez (tamén chamada Diqueixa), venden as unidades de 900 gramos por só 5´50 euros. Chama xa ó 699 444 114 e Hilda atenderate encantada para que degustes o auténtico queixo da comarca da Ulloa. O que o proba sempre repite!

24|11|2016

Nos verdes e amplos campos da aldea de A Condomiña, no Irixo, José Manuel cría e mantén a súa explotación de bois e vacas, coa especialidade de que se trata dunha raza autóctona, a cachena.

As vacas cachenas posúen unha carne exquisita, diferente das de outras especies, e mais cando se crían de forma tradicional e en total liberdade nos extensos montes ourensáns, onde se alimentan do pasto e do leite materno e nos cales en Casa da Maripepa traballaron toda a vida na gandería.

Chamando a José Manuel ó 608 884 802, podes facer o teu encargo e probar esta carne tan pouco frecuente, que non defrauda a ninguén. Ademais, Casa da Maripepa e José Manuel tamén venden na Praza de Abastos de Santiago, no posto 242-243, polo que xa non tes escusa para non mercala!

16|11|2016

 En Adega Diego de Lemos dedicámonos á produción de viño totalmente ecolóxico. De feito, somos a primeira adega en obter o certificado de produción ecolóxica ademais da etiquetaxe de Denominación Ribeira Sacra.

Entre os diversos produtos que ofertamos, destacamos, o viño godello, que reflicten ben a tipicidade das terras onde nacen: vinos atlánticos, frescos, de boa froita que expresan con franqueza a mineralidade característica dos solos deste fermoso territorio.

Para a sua venda, está dispoñible en caixas de 6 botellas cada unha, con un prezo de 6 euros/botella.

Se estás interesado en adquirilo ou en saber máis sobre a nosa historia, non dubides en contactar con nós chamando ó 690048338 ou 982171666.

15|11|2016

Falar de Lourenzá sempre vai acompañado de falar de fabas. Nesta terra da Mariña Lucense, de temperaturas suaves e moita humidade, danse as perfectas condicións na terra para que medren as mellores fabas de Galicia, pois xa se escribiu sobre a súa plantación dende o século XVIII.

Isabel, de Casa Díaz, sabe perfectamente que coma a faba de Lourenzá non hai outra. Xa hai moitos anos que traballa coa súa familia da parroquia de San Adriano, no lugar de Valiñas, sementando fabas de diversas variedades, destacando a branca para facer fabada e a verdina para acompañar ó marisco.

Non che queda outra opción que chamar a Isabel ó 636 45 27 90 e probar a auténtica faba de Lourenzá, pois o seu característico sabor e textura dan boa conta de que aquí coma en ningún outro lugar saben como plantala e coidala. A fama terá que ser por algo, non si?

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
23|09|2015

Granxa
Agro do Cruceiro

Anuncio

En Agro do Cruceiro (Coristanco) vendemos produtos de tempada e agora dispoñemos de dúas variedades de pementos, cultivados  de maneira totalmente natural e caseira, nos nosos invernadoiros. Ademais, a rica composición do solo desta comarca fai que os diferentes produtos da nosa horta teñan unha calidade excepcional.  As dúas variedades de pementos son, por unha parte, os pementos morróns a 2 euros/kg. Ideais para rechear de carne. Logo, tamén dispoñemos dunha variedade galega, pemento de Oímbra, a 2’5 euros/kg. Estamos dispoñibles para calquera consulta, mediante os números 639630693 (Dolores) ou 981713462.

Ver información da Granxa

Non hai

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
dershane fiyatları

Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas