09|06|2015
En Casa Millo e Landras dispoñemos dunha ampla variedade de carnes que proveñen de animais tratados cos mellores coidados e alimentados con produtos hortícolas cultivados de forma ecolóxica: ofrecemos carne de porco celta podendo optar por unha canal enteira a 5,50€/k ou por lotes de 3 k das partes máis saborosas do porco: lombo, xamón, costela e panceta. Neste caso o prezo si se trata de carne fresca é de 15 €/k e se é salgada de 12€/k. Tamén dispoñemos de polo a 10€/k, e cordeiro a 10€/k. É esta así unha carne que se diferencia en canto a calidade e sabor porque os animais foron criados con cultivos obtidos na propia casa de forma ecolóxica e evitando os complementos artificiais. En canto ós produtos hortícolas temos a disposición de temporada dunha gran variedade: coliflor, tomate, leituga, grelos, pataca, cebola, calçots, brecols y acelgas. Estamos dispoñibles para calquera consulta nos números 607 543505/693 432759 (Víctor/Marta)