29|06|2016
Xa estamos no verán e, que hai mellor para este calorciño que unha boa ensalada?
Na Comarca do Salnés, na cabeceira das Rías Baixas, atopámonos con Casa Carballal, que ten uns excelentes produtos da horta, cultivados de maneira tradicional, con abundante auga natural.
Para a base das túas ensaladas, Casa Carballal che ofrece unha ampla variedade de verduras, como a leituga riza verde ou vermella (a 50 céntimos de euro), espinacas ou acelgas (a 60 céntimos o manoxo de calquera das dúas). Ademáis, para acompañala, dispoñen de produtos como o tomate, tomate cherry, pepinos, remolacha, cebolas,…
Non agardes outro intre e contacta con Mari ou con Carmen no teléfono 986561300 ou no 646218266 e infórmate sobre esta granxa e os seus produtos.