Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
04|11|2015

Adega de Lemos é a primeira adega ecolóxica de Galicia. Os nosos viños son 100% ecolóxicos e dunha uva de gran calidade. Non só temos o certificado ecolóxico tamén producimos baixo a denominación de orixe protexida Ribeira Sacra. Entre as diferentes variedades que dispoñemos agora mesmo, podemos destacar o godello. Están dispoñibles en caixas de 6 botellas, a 6 euros cada unha. Este prezo pode variar según a cantidade de caixas. Para máis información, contata con nós vía teléfono, 686471160, 690048338 ou 982171666. Tamén vía mail, adegadiegodelemos@granxafamiliar.com Pode visitarnos na nosa adega de Chantada. 

15|10|2015

Aínda que estamos a mediados de outubro, algúns xa pensan nas ceas de nadal. En Casa Sampedro vendemos galos de curral alimentados só a base de millo e verduras, cultivados na nosa propia casa. A súa venda está dispoñible de dúas maneiras, por unha parte, vivos a 8 euros/kg mentres que limpos a 10/euros/kg. Teñen un peso aproximado entre os 3’5 e os 4 kg. En caso de dúbidas pode consultarnos chamandonos ó 679257417 (José Manuel).

14|10|2015

Se estás interesado en adquirir carne de capón de calidade, esta é a túa mellor opción! No Pazo de Sabadelle pódelos mercar a un prezo de 9€ o kilo o rubio normal, e a 12€ o kilo o de Mós. Ponte en contacto con Xosé Antonio no número de teléfono 650343777 ou escribindo un correo electrónico a pazosabadelle@granxafamiliar.com

07|10|2015

A festa da faba de Lourenzá rematou este fin de semana, pero en Casa Díaz podes comprar este produto garantido. Fabas tanto brancas como verdinas por 8.50€ + IVA o kilo. Fala con Isabel para poder mercalas no número de teléfono 636452790 ou a través do correo electrónico casadiaz@granxafamiliar.com

17|03|2016

En Casa Maripepa dedícamonos á produción de carne de terneira criada de xeito tradicional. Os terneiros son criados durante a súa vida con leite de nai que se ceiban cada día no monte. Un monte, que se encontra no noroeste da provincia de Ourense, nun espazo de montañas e prados verdes. Dispoñemos de diferentes productos derivados das nosas vacas de raza cachena e rubia galega, entre os que podemos destacar as chuletas a 12,75 euros/kg. Para máis información non dubides contactar con nós, por vía mail a casamaripepa@granxafamiliar.com, teléfono 608884802 (José Manuel) ou achégate até o noso posto (números 242-243) na Praza de Abastos de Compostela. 

24|02|2016

Dende o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, dedicámonos á cría de cabritos de maneira totalmente natural e cunha alimentación baseada no leite materno e pastos naturais. Os cabritos son criados até que teñen un peso aproximado de 7-8 kg. O prezo do kg/canal son 12 euros. Para contactar con nós, pódenos chamar ó teléfono, 605080015 (José Antonio de Casa do Xurés)  

25|01|2016

En Casa Varela non só nos dedícamos ós queixos coa etiquetaxe Arzúa-Ulloa. Tamén dispoñemos de outros queixos producidos co leite das nosas propias vacas. Entre eles pode degustar unha das nosas innovacións. Trátase do queixo curado.Para máis información, contactar con nós vía teléfono, 619867425 (Minia) ou mail, casavarela@granxafamiliar.com

27|11|2015

No corazón de Galicia, concretamente no concello de Antas de Ulla, temos a nosa explotación de vacas. Grazas a estas e a unha especial atención da súa alimentación obtemos unha excelente materia prima para os nosos queixos. Ademais de producir baixo a denominación Arzúa-Ulloa, tamén dispoñemos de outros, como o curado a 6 euros. Se queredes máis información, non dubides en contactar con nós vía teléfono, 699444114 (Hilda) ou mediante mail, casadieguez@granxafamiliar.com

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
18|08|2016

Granxa
Agro do Cruceiro

Anuncio

Que terá a terra de Coristanco, que nela todo medra que dá gusto? Poida que sexa o suave clima de verán da Costa da Morte, a humidade dos ventos do mar ou a inherente calidade que posúe o territorio galego.

Sexa como fose, ata tres das nosas granxas se atopan neste municipio, entre elas a Casa Agro do Cruceiro. Dolores é a súa encargada, levando a cabo os traballos de rigor que esixe o campo. O froito da súa labor é unha enorme variedade de produtos, dos que hoxe destacamos as xudías.

No invernadoiro que ten, na parroquia de Valenza, desenvólvese unha plantación extensa de xudías, típicas no verán, que agardan impacientes que as leves para cocer na túa casa. Estas xudías verdes cultivadas de forma natural e respectuosa co medio ambiente, usando só abonos orgánicos, recompensan o traballo que dan cun sabor inmellorable e un aspecto envidiable.

Chama ó 639 630 693 para falar directamente con Dolores e facerlle un encargo, pois nestas producións familiares os prezos son moi variables.

Non deixes de visitar a nosa web e a nosa páxina de Facebook, nas que se insiren tamén os apartados de Casa Agro do Cruceiro. Tamén podes enviar un email a casacruceiro@granxafamiliar.com

Ver información da Granxa

Non hai

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
dershane fiyatları

Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas