Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
26|08|2016

E se che digo que en Casa Aguiar posúen carne de tenreira rubia galega con Certificado de Calidade Suprema?

José Manuel cría el mesmo os becerros e vacas da súa explotación en total liberdade, pastando nos verdes e húmidos prados de Baltar, na parroquia de Brigos, en Chantada.

Desta forma, natural e ecolóxica, a carne resultante é única, con menos graxa e maior calidade. Contacta con José Manuel chamando ó 610 28 44 84 e dende 6´50€ o kilo desfrutarás dunha carne autóctona galega excepcional.

Visita o noso Instagram, Facebook ou envía un email a casaaguiar@granxafamiliar.com para obter máis información.

18|08|2016

Que terá a terra de Coristanco, que nela todo medra que dá gusto? Poida que sexa o suave clima de verán da Costa da Morte, a humidade dos ventos do mar ou a inherente calidade que posúe o territorio galego.

Sexa como fose, ata tres das nosas granxas se atopan neste municipio, entre elas a Casa Agro do Cruceiro. Dolores é a súa encargada, levando a cabo os traballos de rigor que esixe o campo. O froito da súa labor é unha enorme variedade de produtos, dos que hoxe destacamos as xudías.

No invernadoiro que ten, na parroquia de Valenza, desenvólvese unha plantación extensa de xudías, típicas no verán, que agardan impacientes que as leves para cocer na túa casa. Estas xudías verdes cultivadas de forma natural e respectuosa co medio ambiente, usando só abonos orgánicos, recompensan o traballo que dan cun sabor inmellorable e un aspecto envidiable.

Chama ó 639 630 693 para falar directamente con Dolores e facerlle un encargo, pois nestas producións familiares os prezos son moi variables.

Non deixes de visitar a nosa web e a nosa páxina de Facebook, nas que se insiren tamén os apartados de Casa Agro do Cruceiro. Tamén podes enviar un email a casacruceiro@granxafamiliar.com

12|08|2016

Se non atopas a planta indicada ó teu gusto, é porque non buscaches en Casa das Flores - Herbas de Caaveiro. No lugar de Vilela, parroquia de Lamas, concello de San Sandurniño, Silvia posúe unha explotación incrible de plantas, sempre tratadas de forma totalmente ecolóxica.

Plantas medicinais, aromáticas, culinarias, ornamentais, patagónicas, por tempadas, de floración invernal ou incluso algúns arbustos son parte do florido catálogo dispoñible en Herbas de Caaveiro. Non agardes a que remate o verán e chama xa a Silvia ó 639 01 39 37 e poderás ter na túa casa plantas tan bonitas coma a caléndula ou a santolina, cuns prezos entre 2€ e 20€, dependendo da dispoñibilidade e do tamaño.

Consulta máis información no apartado de Casa das Flores na nosa web ou na páxina de Facebook de GranxaFamiliar e de Herbas de Caaveiro. Tamén podes enviar en email a casadasflores@granxafamiliar.com

04|08|2016

O sabor natural, tradicional, da nosa terra, de Galiza. Este é o sabor que deixarán no teu paladar os pementos de Casa Las Torres, cos coidados particulares e agarimosos cos que Soraya os fai medrar dende que son unha pequena planta ata que absorben a calidade da terra e do aire de Labacengos, en Moeche, no fermoso entorno paisaxístico do Ortegal.

Se queres desfrutar do excepcional sabor natural destes pementos cultivados de forma tradicional, chama á xerente de Casa Las Torres, Soraya, ó 616 081 407 e por só 2´50€ o kilo tes ata máis de catro variedades de pementos, ademais de poder levar pemento doce ou de Padrón en bolsas de 400 gramos, tamén por 2´50€ cada unha.

Para máis información, visita o apartado de Casa Las Torres na nosa web, a páxina de Facebook de GranxaFamiliar, a de Casa Las Torres ou envía un email a casalastorres@granxafamiliar.com

27|10|2016

Coñeces a variedade autóctona galega de porco celta?

Pois en Casa Millo e Landras podes atopala! E ademais criados en liberdade, de forma 100% natural, sen tranxénicos, como se fixo de toda a vida.

Víctor e Marta, os propietarios da granxa, coidan os seus animais con moito agarimo para obter a mellor calidade posible dos seus produtos.

Esta familia tan acolledora, oferta visitas a súa granxa para que poidades ver a súa maneira de producir e o trato agarimoso do que vos falamos.

Soa ben non?

Se estás interesado tanto nos produtos de esta granxa como na visita da mesma, podes contactar con Víctor ou Marta nos teléfonos: 607543505 ou 693432759. Eles estarán encantados de atendervos.

20|10|2016

Lucía é unha experta no cultivo da horta. Ela coñece todos os segredos para obter a mellor calidade nos seus produtos, que nunca defraudan. Na súa casa de Xornes, no concello de Ponteceso, a humidade da Costa da Morte suaviza o calor do verán, permitindo que a súa plantación se desenvolva con maior frescura. No inverno, o mar tamén serve para evitar o forte frío do interior, logrando unha explotación continua no invernadoiro.

Desta volta, Lucía achégavos as súas leitugas lisas, perfectas para acompañar en calquera comida e optar por un toque verde e fresco no teu prato. Do campo á túa casa por só 75 céntimos o quilo, unha oferta que non podes deixar pasar.

Contacta con ela chamándoa ó 981711316 ou ó 678936380, no que tamén atende por whatsapp, así como enviando un email a luciadocaseiro@hotmail.com

14|10|2016

O auténtico sabor do viño albariño, ese que é propio da península do Salnés, ese que só madura nas específicas condicións do suave clima oceánico, dos ventos húmidos e baixo os raios de sol que quentan estas terras de tradición vinícola.

A ese excelente viño albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas, na Bodega Monte Pío dáselle a importancia que merece, elaborándoo cos menos tratamentos non naturais posibles, respectando o medio ambiente a sabendas de que as vides de albariño precisan uns coidados moito maiores que outras especies.

O resultado, as botellas Monte Pío e El Dorado, sendo as primeiras as das cepas máis novas, dándolle un carácter máis fresco, mentras que os viños El Dorado son froito das cepas máis lonxevas que Pablo mantén na súa casa de Ribadumia.

Chámao ó 981570698 ou 618305006 ou visita a web www.bodegascasamontepio.com 

04|10|2016

Coristanco é lugar de natureza, aire fresco, boa paisaxe, de hortas e de granxas... pero sobre todo, é lugar de patacas. Este tubérculo asentouse neste concello da Costa da Morte para ofrecer todo o seu potencial, que non é pouco, e de aí a súa enorme fama.

E se falamos de patacas e de Coristanco, deseguido temos que mencionar Casa Bustelo. Aquí, José Antonio cultiva a variedade kennebec, de cor máis branca e textura lisa, sen tratamentos de ningún tipo, de forma que só se pode desfrutar dela cando é a tempada.

É xusto neste tempo cando a pataca de Coristanco alcanza o seu esplendor. Por tan só 60 céntimos o kilo, José Antonio dáche a oportunidade de probar este delicioso manxar galego, do que che separa unha chamada ó 620 504 534. A que agardas?

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
13|02|2017

Granxa
Casa Pajaro

Anuncio

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

Ver información da Granxa
ImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
dershane fiyatları

Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas