· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Este mes de decembro celébrase de novo o Terra Madre Day en Galicia cunha xornada especial na que o protagonismo é para o menú Km 0 elaborado cos mellores produtos de diferentes produtores galegos.
O día 10 de decembro en Next Door (A Coruña), o restaurante de Pablo Viñas e o primeiro Km 0 que houbo en Galicia, ten lugar esta importante cita anual na que volver a gozar dun bo menú Km 0 da rede de pequenos produtores de Slow Food Compostela.
Entre os produtores cos que se contou para a elaboración do menú Terra Madre Day 2019 queremos destacar a presenza, por segundo ano consecutivo, da carne da granxa Casa do Carracedo.
Podes coñecer os produtos de Casa do Carracedo (Abadín, Lugo) na web de Granxa Familiar e tamén contactar directamente co produtor, Jorge, no teléfono 676196243.
A carne de Casa do Carracedo volve a ser protagonista na xornada de celebración do Terra Madre Day Galicia 2019 que resultou todo un éxito e se despide ata a próxima edición en 2020.
![]() |