Arquivos AsociadosImaxen
Prantando leitugas
Prantando leitugas
Ampliar
 
Prantando leitugas
Prantando leitugas
Ampliar
 
Camiñando todos xuntos
Camiñando todos xuntos
Ampliar
 
Camiñando coa profe
Camiñando coa profe
Anterior Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Visita a Casa Peregrina [I]
Visita a Casa Peregrina [I]
Ampliar
 
Visita a Casa Peregrina [II]
Visita a Casa Peregrina [II]
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP Compañía de María visita Casa Peregrina.


O pasado día 14 de outubro do 2008 o colexio Compañía de María de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en tres granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. Os participantes organizáronse en tres grupos diferentes, cada un deles de 25 nenos, e acompañados dun mestre e técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar as granxas de Pazo de Sabadelle, Casa Peregrina, Casa Fente , todas elas localizadas en distintas áreas xeográficas de Galicia.


A saída tivo lugar dende o propio colexio arredor das dez da mañá e as facianas dos nenos amosaban interese e curiosidade por coñecer as granxas, pois para a maioría deles era o seu primeiro contacto. Unha vez dentro do bus, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.



A granxa Casa Peregrina está ubicada en Salouzáns, na parroquia de Lamas, A Estrada. Entre os traballos da Casa Preregrina destacan a cría de capóns e o cultivo de tomates, leituga, pementos de Padrón, cebolas, repolo, etc...


Os escolares destinados a visitar esta granxa de A Estrada, foron recibidos polo grupo de mulleres socias da mesma, e tralas presentacións, comezou a acción.


En primeiro lugar foron visitar unha explotación vacuna próxima, explicada ó detalle polo seu dono. Despois, xa na propia granxa, tiveron a ocasión de cultivar leituga, recoller tomates, debullar millo para alimentalas pitas e coñecer distintas clases de muiños, velo proceso de elaboración do viño e probalas uvas, e visitar unha pequena explotación de ovellas.


Os rapaces estiveron moi atentos ás explicacións de María Xesús, unha das granxeiras de Casa Peregrina


A visita á Granxa Casa Peregrina foi unha xornada inesquecible para os rapaces/zas, onde non faltaron os xogos e as cancións.



Escoitar: "Como o estamos pasando"



Os rapaces disfrutaron moito xogando cos animais


A chegada dos tres grupos de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de productos da granxa visitada e, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración das granxeiras de Casa Peregrina, así como a participación do colexio Compañía de María no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons