Arquivos AsociadosImaxen
David Maquieira Salgado, bolseiro Feuga en ADAF
David Maquieira Salgado, bolseiro Feuga en ADAF
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

David Maquieira Salgado continuará en Granxa Familiar ó conseguir unha bolsa FEUGA

O xeógrafo pontevedrés David Maquieira Salgado seguirá traballando na Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (ADAF) grazas á obtención dunha nova bolsa, outurgada polo convenio que firmamos coa Fundación Empresa - Universidade Galega (FEUGA) expresamente para a súa continuidade.


David conta con moita experiencia en ADAF, xa que gañara unha bolsa do banco Santander CRUE-CEPYME de seis meses de duración (xuño a novembro de 2016) a media xornada. Finalizado este tempo, o bo desempeño realizado en labores do backoffice da empresa, así como co trato coas diferentes granxas, foron méritos máis que dabondos para que continuase tres meses máis, tamén a media xornada, grazas a esta nova bolsa entre FEUGA e ADAF.


O traballo de David non se interrompeu en ningún momento aínda que cambiara o trasfondo da súa contratación, isto é, manterá as labores do backoffice da empresa, agora en solitario, ademais de seguir exercendo como community manager, creador de estratexias de xeomarketing online, xestor dos proxectos de Granxa Familiar, Galicia Auténtica e outros que están en camiño e aproveitando para relacionar este traballo coa súa tese final do Master en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial que, polo demais, xa rematou.


Se o desexas, contacta con David por Twitter, Facebook, Instagram, YouTube ou LinkedIn. Tamén por email, cuxa dirección é:


david.maquieira.93@gmail.com

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons