O periódico La Región destaca a labor de Granxa Familiar con Casa Alba
O pasado día 22 de agosto, o periódico ourensán La Región publicaba un artigo sobre Casa Alba e a súa integración en Granxa Familiar para favorecer a difusión do seu traballo nun medio totalmente rural e en declive, económico e poboacional, como é o concello de A Veiga, concretamente no lugar de Valdín, no parque natural de Pena Trevinca, pico máis alto de Galicia.
A nova destaca o interese da filla da xerente da explotación, Alba Rodríguez de Zugasti, que ós 17 anos ten moi claro que lle gusta a vida no campo, coidando dos animais, aínda que non sexa doado.
Esta idea xa a tiña clara dende fai tres anos, como se amosa neste vídeo, cando a súa nai atopaba a web de Granxa Familiar e chamaba para formar parte desta asociación.
Grazas á axuda mediante técnicas de xeomarketing e marketing online, Casa Alba aumentou a súa produción, das máis variadas en Granxa Familiar, sobre todo en canto a animais, ademais de darse a coñecer e aumentar os nichos de mercado, vendendo ata en cidades como Madrid e Barcelona.
Este é un claro exemplo da axuda tecnolóxica que precisa o rural galego, como Alba ben argumenta no texto.
Podedes ler o artigo completo aquí e visitar o apartado de Casa Alba neste outro enlace.
Fonte: Diario La Región
Proxecto Cofinanciado: | ||||