Arquivos AsociadosImaxen
irlanda
irlanda
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Granxafamiliar apoia os estudios comparados de Irlanda-Galicia

Granxafamiliar apoia o desenvolvemento de estudios rurais e agrarios comparados entre Galicia e Irlanda.



Anímate a participar o próximo xoves 10 de marzo de 2016 no Seminario “Estudiar e Investigar en Irlanda", que organizamos dende o Departamento de Xeografía, o Gist (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio-Novos Medios da USC e a Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC.


O seminario vai dirixido á estudiantes, investigadores e profesores da USC ou calquera persoa interesada en Irlanda e na Europa Atlántica. Trátase de incentivar e mostrar as posibilidades para o estudio comparado da sociedade e o territorio de Galicia e Irlanda.Trátase de abrir un foro de debate sobre temas centrais de interés estratéxico para Galicia como son o "Suicidio Demográfico" a "Planificación Territorial" e o "Uso das TIC nas Universidades". O profesor Patrick OFlanagan da University College Cork de Irlanda vai respostar á interrogante de por que Irlanda é o país europeo con maior dinamismo demográfico: o profesor Xoán Paredes tamén da University College Cork establecerá comparacións entre Galicia e Irlanda no tocante á ordenación territorial, o profesor Carlos Ferrás da USC reflexionará sobre o cambio social e económico de Irlanda nos últimos 30 anos a partir de imaxes e cartografía seleccionada, e a profesora Mariña Pose da USC presentará unha comparación sobre o uso das TIC nas universidades de Cork e Santiago.

Os interesados deben inscribirse previamente enviando un e-correo co seu nome completo, enderezo de email, estudios realizados ou en realización, e situación profesional a: gist-formacion@usc.es

 

Entregarase aos participantes un Documento Acredidativo de asistencia e aproveitamento de 4 horas. 
Data: 10 de marzo de 2016

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Praza de Mazarelos s/n. Santiago de Compostela.


PROGRAMA

09:30. ¿Por qué Irlanda tiene la demografía más dinámica de toda la Unión Europea?. Prof. Patrick O’Flanagan. University College Cork. Irlanda. 10:00. A Ordenación do Territorio. Unha comparación Irlanda/Galicia. ¿Orde ou desorde? Mphil. Xoán Paredes. University College Cork. Irlanda. 10:30. Un percorrido pola Xeografía Humana de Irlanda en Imaxes. Prof. Carlos Ferrás. Universidade de Santiago de Compostela.11:00. O uso das TIC na University College Cork e na Univesidade de Santiago. Prof. Mariña Pose. Universidade de santiago de Compostela. 11:30. Café. 12:00. Mesa de Debate: ¿Cómo se investiga e/ou estudia en Irlanda?Patrick O’Flanagan, Xoán Paredes, Neill Y. Fitzgerald, Mariña Pose, Carlos Ferrás. 13:30. Clausura.

 

Para saber máis:

Seminario Estudiar e Investigar en Irlanda do 10 de marzo de 2016

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons