Marketing Territorial no Ortegal
O pasado venres 20 de novembro de 2015 tivemos unha saída á Comarca do Ortegal, ao norte de Galicia, con visitas á diferentes lugares da Serra da Capelada, Cantís, Parroquia de Feás en Cariño, Antiga Base Militar dos Estados Unidos en Bares, etc.
Estamos a traballar conceptos estratéxicos para o Desenvolvemento Rural e a Planificación Territorial como: recursos endóxenos, novos productos turísticos, desenvolvemento local, paixase cultural, sociedade rural, etc.
Saimos ás 9:00 en Autobús un grupo de 30 alumos/as e profesores de grado e posgrao da USC de diante da Facultade de Matemáticas no Campus Vida. Santiago.
Regresamos ao mesmo lugar aproximadamente ás 20:00 horas.
Os alumnos/as levaron caderno para tomar notas, cámara fotográfica-vídeo co fin de avanzar no deseño de productos enfocados cara o Marketing Territorial.
Miguel Anxo Piñeiro e Mateo Varela, ambos xeógrafos e Máster en Planificación Territorial, actualmente Bolseiros Santander para prácticas en Granxafamiliar; mostraron o traballo de Marketing Territorial que están a desenvolver na Comarca do Ortegal.
Para coñecer a Rurta Etnográfica definida como producto territoriao podes visitar este link:
Proxecto Cofinanciado: | ||||