![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
![]() |
||
Non hai
Non hai
Profesores universitarios da India visitan Casa dos Caseiros de Granxafamiliar
O pasado sábado 25 de maio de 2014 un grupo de profesores da universidade Padmashri Vikhe Patil College Arts, Science and Commerce de Pavanaragar-India, actualmente de visita académica na USC, acompañados polo director do Gist.Idega prof. Carlos Ferrás, visitaron Casa dos Caseiros na aldea de Xornes-Ponteceso, onde puideron coñecer directamente a vida diaria nunha granxa familiar da Costa da Morte. Guiounos Lucía, a titular da granxa, que lles mostrou detidamente os seus cultivos de horta, instalacións, maquinaria, sistemas de rego e todo o relativo á xestión e procesos de comercialización directa a través de Internet e de Granxafamiliar.com. Entre o grupo de profesores atopábasa o Dr. S.R. Waluj, presidente da Universidade Padmashiri Vikhe Patil College, así coma o Dr. Anil Kurhe (investigador Postdoutoral na USC) e o profesor visitante de xeografía Sopan Dalimbe.
A partir desta experiencia iniciamos contactos académicos para desenvolver futuras investigacións e colaboracións técnicas e académicas en temas de desenvolvemento rural en Galicia e Pravaranagar.
Proxecto Cofinanciado: | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |